Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui conmemora este venres o 125 aniversario dos primeiros Xogos Florais de Galicia

O programa previsto celebrarase na casa do concello e na praza de Fromista

O programa previsto celebrarase na casa do concello e na praza de Fromista

Fecha: 29 de Julio de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tui, co colaboración da Real Academia Galega, vai conmemorar este venres, 29 de xullo, o aniversario dos primeiros Xogos Florais de Galicia celebrados en Tui o 24 de xuño de 1891 sendo daquela o primeiro acto público celebrado integramente en galego.

O programa previsto comezará ás 19.30 no salón de sesións da casa do concello coa intervención do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero. No mesmo ofrecerán un pequeno concerto de violín as irmás Sara e Raquel Areal Martínez.

Posteriormente, nun paseo musical acompañado pola Banda de Gaitas de Guillarei, a actividade trasladarase ata a praza de Fromista, onde está situado o Teatro Principal que acolleu en 1891 os Xogos Florais. A lectura do mesmo texto que Manuel Murguía pronunciou hai 125 anos e a actuación da Banda de Gaitas de Guillarei completarán o acto que será presentado por Manuel Vázquez de la Cruz.

Fai 125 anos, o 24 de xuño de 1891, o Teatro Principal de Tui acollía un evento único, inédito e que pasaría a historia como un fito fundamental para cultura e a lingua galega. Trátase dos Xogos Florais de Galicia nos que se empregou o galego por primeira vez nun acto institucional. Manuel Murguía, converteríase aquel día no primeiro intelectual en dirixirse ao público integramente en galego, lendo un discurso que constitúe un compendio do seu pensamento historicista e reivindicador e no que sinalaba que o principal obxectivo era "o renacemento dunha nacionalidade case morta e esquecida por medio da literatura, das tradicións e da historia". Comezou aquel histórico discurso Manuel Murguía saudando "á vella cidade en que ten lugar por primeira vez a que de hoxe en diante será a festa da nosa nacionalidade".

Tratábase deste xeito nun acto de exaltación e defensa da nosa lingua que tiña como novidade precisamente empregala de xeito oficial nun acto político-literario. Os Xogos Florais de Tui foron organizados pola Xunta Rexionalista de Tui, fundada en abril de 1981, unha das primeiras en organizarse en Galicia. As Xuntas Rexionalistas que agromaban en Galicia tiñan, amais, un marcado carácter integrador e pluralista ao estaren integradas por demócratas, liberais, federalistas e conservadores católicos procedentes do tradicionalismo e o carlismo.

Tui celebra deste xeito o 125 aniversario dun evento histórico para a cultura galega no que se premiaban composicións en galego e castelán de diversos xéneros, como no caso tudense, a poesía.

Como resultado da importancia dos Xogos Florais de Galicia en Tui acuñouse, nese mesmo ano, unha medalla batida polo xoieiro Enrique Pérez e na que se pode ler, nunha das súas caras, "Surge et ambula" -érguete e camiña, en clara referencia á necesidade de recuperar o idioma galego e lograr a unión dos galegos para preservar os intereses de Galicia- e, na outra cara, "Tuy, primeira convocatoria ano MDCCCLXXXXI - Consistorio dos Xogos Frorais-Galicia".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones