Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tui conta con catro centros de compostaxe comunitaria no centro urbano

Nas últimas semanas abriron dous novos na prolongación de Casal Aboy e a carón da Praza de Abastos

Nas últimas semanas abriron dous novos na prolongación de Casal Aboy e a carón da Praza de Abastos

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Septiembre de 2021

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui conta con catro centros de compostaxe comunitaria no centro urbano, tras a apertura  nas últimas semanas dos centros situados na prolongación da rúa Casal Aboy e a carón da Praza de Abastos.  Estes centros de compostaxe comunitaria poden acoller e xestionar residuos orgánicos de até 650 persoas. O obxectivo destas localización é dotar de composteiros  a estas areas da cidade, facilitando o uso deste servizo as persoas que viven nestas zonas.

Dende que en 2017 se puxo en marcha o Plan de Compostaxe Municipal, a través do Plan Revitaliza da Deputación, téñense xestionado máis de 100 toneladas de bioresiduos a través da rede de composteiros comunitarios.

O obxectivo para este 2021, recollido no Plan de Compostaxe Municipal, é contar con seis centros de compostaxe comunitaria, e 500 composteiros individuais nas vivendas de todo o termo municipal. 

O uso dos composteiros comunitarios

O uso dos composteiros comunitarios é moi sinxelo, e nos carteis informativos situados en cada un deles explícase o que se pode depositar e como facelo, e o que non.

Os restos orgánicos débense depositar no módulo sinalizado cun punto verde. A continuación débense cubrir co estruturante dispoñible nos caixóns laterais. A carón dos composteiros hai dispoñible unha billa.  As persoas que teñan calquera dúbida poden contactar coa mestra composteira municipal no 687 24 99 53 no correo electrónico en compostaxe@tui.gal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí