Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui coordina os servizos básicos municipais ante a crise do coronavirus

O Concello supeditará os servizos municipais á atención aos colectivos máis vulnerables ante a Pandemia do Coronavirus

O Concello supeditará os servizos municipais á atención aos colectivos máis vulnerables ante a Pandemia do Coronavirus

Fecha: 14 de Marzo de 2020

Fuente: Concello de Tui

Esta mañá celebrouse no concello de Tui unha reunión de coordinación dos Servizos Básicos Municipais para facer fronte a posibles emerxencias derivadas da crise do coronavirus.

A reunión estivo presidida polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e contou coa presenza dos concelleiros de Seguridade, José Ramón Magán, Servizos Sociais, Ismael Diz, e Medio Rural, Rafael Estévez. Tamén asistiron o oficial xefe da Policía Local, os responsables de Protección Civil e a Traballadora Social. O obxectivo foi coordinar os distintos servizos municipais en orde a priorizar a atención aos colectivos que poden resultar mais vulnerables ante a situación provocada pola crisis epidemiolóxica do Coronavirus.

Na reunión celebrada esta mañá acordouse que as prioridades do persoal laboral municipal, de Protección Civil e Policía Local, no ámbito municipal, quedará supeditada a atención de posibles situacións de necesidade das persoas ou colectivos mais vulnerables. Ao mesmo tempo artellouse un servizo de abastecemento a aqueles domicilios que así o precisen, todo isto sen prexuízo das ordes ou instrucións que con motivo do Decreto de Estado de Alarma se fixen polas autoridades do Estado.

Será o Departamento de Servizos Sociais quen coordine e priorice as ordes de atención en función da necesidade e gravidade que requiran os asuntos, e polo tanto quen canalice toda a xestión.

Asemade tamén os servizos municipais tamén estarán a disposición das autoridades sanitarias para todo aquilo que precisen, en coordinación coa Policía Local e a Xefatura de Protección Civil.

Dende o Concello de Tui prégase a toda a cidadanía que nestes momentos, só demanden destes servizos municipais aquelas cuestións de urxente e extraordinaria necesidade, para que así poidan quedar a dispor daquelas persoas ou colectivos que o necesiten, e deste xeito poder optimizar os medios persoais e materiais cos que conta o Concello e evitar un colapso dos mesmos.

A Corporación Municipal quere transmitir a súa gratitude a todos os traballadores públicos do Concello de Tui e o seu recoñecemento polo seu extraordinario traballo e dedicación nestes momentos complicados, así coma a toda a cidadanía o seu exemplar comportamento ante esta difícil situación, que coa responsabilidade e solidariedade de todos acabaremos superando.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones