Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui da un paso máis para a rehabilitación do Teatro Principal coa presentación do anteproxecto de César Portela

O Concello de Tui buscará a implicación das administracións provincial, autonómica e estatal para facer realidade esta recuperación orzamentada en case 3 millóns de euros

O Concello de Tui buscará a implicación das administracións provincial, autonómica e estatal para facer realidade esta recuperación orzamentada en case 3 millóns de euros

Fecha: 26 de Junio de 2020

Fuente: Concello de Tui

Esta mañá presentouse na aula CeMIT na Área Panorámica o anteproxecto de recuperación do Teatro Principal de Tui. O acto fíxose coincidir coa conmemoración da celebración dos Primeiros Xogos Florais de Galicia que tiveron lugar neste teatro o 24 de xuño de 1891, foi daquela o primeiro acto público celebrado integramente en galego.

A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, e do arquitecto César Portela, autor do anteproxecto.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, comezou dando as grazas ao arquitecto César Portela por aceptar o encargo de realizar este anteproxecto que "é o primeiro paso a dar cara á rehabilitación deste edificio tan emblemático da nosa cidade". Lembrou o rexedor que en 1980 César Portela recibira o encargo de redactar un proxecto para rehabilitar este edificio por parte da Dirección Xeral de Arquitectura Vivenda e Solo.

Enrique Cabaleiro indicou a vontade do goberno municipal de rehabilitar este inmoble que "forma parte do noso legado cultural e patrimonial, é un sinal de identidade desta cidade, é un sinal de identidade da nosa cultura, e da cultura do noso país". Nese senso apuntaba que non ten cabida nestes momentos o debate sobre a súa rehabilitación ou non, e lamentaba a situación de ruína na que se atopa o edificio en pleno corazón do conxunto histórico. A recuperación do Teatro Principal suporá un investimento de case 3 millóns de euros, polo que explicaba o alcalde que "o Concello de Tui por si so non dispón da capacidade financeira para asumir esta rehabilitación". Por iso avanzaba que iniciarán contactos coa administración provincial, autonómica e estatal, para lograr os fondos precisos. Explicaba que o Concello poderá asumir aquelas actuacións máis urxentes coma o desentullo ou o realización de catas para coñecer a situación do terreo.

O concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, destacou que a presentación do anteproxecto fíxose coincidir coa celebración dos Xogos Florais en 1891. Aludiu amais ao inicio do proxecto de recuperación do teatro nos anos 80, e como agora se adaptou á normativa vixente o proxecto redactado en 1986.

O arquitecto César Portela comezou a súa intervención lembrando que coñeceu o Teatro Principal de Tui de neno, cando viña ata Tui dende Pontevedra co seu pai, Celso Emilio Ferreiro e Álvaro Cunqueiro, para asistir aos actos que aquí se celebraban. Xa coma arquitecto recibiu a encomenda do proxecto de rehabilitación nos anos 80, e agora volve atoparse con este histórico edificio. Debido aos cambios na normativa, tivo que revisar e adaptar o anteproxecto e incorporou coma novidade unha cafetería-mirador sobre o Miño. Explicaba que o anteproxecto presentado da resposta as necesidades plantexadas de teatro, cine, usos múltiples... tendo en conta a súa ubicación e a súa historia

Ao longo de tres andares - soto, primeiro andar e segundo andar - configúrase a distribución do edificio. Conserva o teatro con capacidade para 200 persoas entre o patio de butacas e dúas plateas, adaptado as condicións actuais. Tanto na primeira coma na segunda planta irán salas de usos múltiples, algunha delas coa posibilidade de ser dividida segundo as necesidades. Recolle o deseño de César Portela unha galería con vistas ao río na fachada posterior, accesible tanto dende a cafetería coma dende as salas de usos múltiples. Un lucernario permitirá dar luz natural a todos os andares.

O proxecto inclúe tamén a reforma da praza de Fromista creando un conxunto plaza-teatro-mirador, chamado a converterse nun dos lugares destacados da cidade histórica.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones