Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Tui despide o 2016 este venres cun concerto de fin de ano na Praza de Frómista

A Praza de Frómista acollerá a partir das 20:00 horas o concerto de fin de ano, con entrada de balde, no que participará o grupo Mistura Vocal e o jazzista Javier Marcos.

No evento, de balde, participará o coro Mistura Vocal e o jazzista Javier Marcos

Fecha: 30 de Diciembre de 2016

Fuente: Concello de Tui

Tui acolle este venres un novo espectáculo musical, o derradeiro do 2016, para despedir o ano nun ambiente festivo e de celebración. A Praza de Frómista acollerá a partir das 20:00 horas o concerto de fin de ano, con entrada de balde, no que participará o grupo Mistura Vocal e o jazzista Javier Marcos. O evento está organizado pola Asociación Cultural Betún en colaboración Concello de Tui a través das concellerías de Ensino, Cultura e Patrimonio.

A música comezará a soar ás 20:00 coa ambientación musical de Nigga, que os asistentes poderán acompañar con petiscos, bebidas e chocolate quente. Tras a previa musical, chegará a quenda do coro Mistura Vocal dirixido pola tudense Aloia Martínez, que participou o pasado venres no concerto de presentación da Orquestra Sinfónica de Tui. Os 40 músicos procedentes de todo o sur da provincia de Pontevedra interpretarán un repertorio de Nadal con diferentes sorpresas nun concerto no que se busca a proximidade e implicación do público. O coro ten os seus comezos en 2014 cando fixo a súa presentación oficial en Tui no mes de decembro. Ao longo dos últimos anos viu facendo diferentes concertos na súa aposta pola música actual composta por autores galegos.

A continuación, será a quenda do jazz feito en Galicia de Javier Marcos con jazz clásico, estándar e bossa nova. O seu jazz refinado e sutil estará acompañado á guitarra por Felipe Villar e ao contrabaixo por José Manuel Diaz.

O jazzista vigués Javier Marcos é unha das grandes voces do jazz feito en Galicia que destaca pola súa voz persoal que pode pasar por un crooner clásico ou o cool jazz máis intimista. Participou en grupos como Desvigheitors, Baio Ensemble, MMJazz ou Meninos Carentes, entre outros. Agora, co seu primeiro álbum en solitario, Ten Dez, presenta diferentes temas en inglés e galego-portugués en formación de quinteto con Rosolino Marinello, Felipe Villar, José Manuel Diaz e Max Gómez.

Restricións no aparcamento e na circulación
Lémbrase aos veciños e veciñas que para permitir a celebración do evento e garantir a seguridade dos asistentes, non estará permitido o estacionamento na Praza de Frómista dende ás 13:00 horas do venres 30 de decembro. Asemade, a rúa Cuenca permanecerá pechada á circulación dende ás 19:00 horas do venres até a 1:00 da madrugada do sábado.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí