Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui e A Guarda contarán de maneira inmediata con mestras e mestres composteiros grazas ás subvencións da deputación

A Xunta de Goberno aprobará este venres axudas por case 300.000? para este exercicio, que se prolongarán dous anos máis

A Xunta de Goberno aprobará este venres axudas por case 300.000? para este exercicio, que se prolongarán dous anos máis

Fecha: 22 de Abril de 2020

Fuente: Deputación Pontevedra

Catorce dos concellos adheridos ao Plan Revitaliza recibirán de maneira inmediata subvencións da Deputación para contratar quince mestres e mestras composteiras que se farán cargo dos centros de compostaxe e do control dos composteiros individuais de cada municipio. Este venres a Xunta de Goberno aprobará a axuda económica para este exercicio, que ascende a preto de 300.000 euros, e supón o 100% do salario para os oito meses que restan do ano.

A incorporación do persoal técnico para a compostaxe nos concellos está prevista para o 15 de maio, sen prexuízo de que se poidan producir retrasos motivados polo estado de alarma ou pola decisión dos propios gobernos locais. Segundo explica o vicepresidente César Mosquera, a Deputación decidiu retomar o proceso selectivo que quedara paralizado na fase de concurso no mes de marzo pola emerxencia sanitaria levantando a suspensión de prazos de forma motivada, xa que o servizo de tratamento de residuos, no que se inclúe a compostaxe, está considerado esencial.

Hai que lembrar que nestes momentos están activos todos os centros de compostaxe da provincia dependentes do Revitaliza. Estes son atendidos por un servizo básico de mestras e mestres composteiros da Deputación que realiza os labores de control do proceso -medicións de temperatura, enchido, impropios...-, así como de mantemento das garantías sanitarias. Durante as semanas do estado de alarma a equipa do Revitaliza ten constatado un aumento moi significativo das achegas de residuos orgánicos nos composteiros. De feito, tense contabilizado que o nivel de enchido tense duplicado como media e case cuatriplicado nalgúns centros de compostaxe comunitaria.

As e os mestres composteiros que se incorporen como persoal interino municipal por programa pasarán a reforzar o servizo provincial. Os concellos que pasarán a contar con mestras e mestres composteiros para traballar seguindo as indicacións do plan de compostaxe son Vilaboa, Bueu, Cangas e a Mancomunidade do Morrazo na comarca do Morrazo; Illa de Arousa, O Grove e Valga na zona do Salnés; A Guarda e Tui no Baixo Miño; Mondariz e As Neves no Condado; Gondomar no Val Miñor; e Poio e Ponte Caldelas na comarca de Pontevedra.

Para a concesión das subvencións aos concellos que este venres aprobará a Deputación, tivéronse en conta diferentes parámetros, principalmente, a experiencia acumulada no tratamento dos residuos orgánicos a través da compostaxe tanto nos centros de compostaxe comunitaria (CCC) como a través de composteiros individuais de exterior (COIN), ademais da realización doutras accións destinadas a fomentar a separación en orixe da FORM e a reciclaxe do resto das fraccións. Tamén se valorou a posibilidade de que os concellos teñan posibilidade de acadar o tratamento progresivo da totalidade da fracción orgánica de residuos municipais por medio de composteiros.

As subvencións para a contratación do persoal técnico aos concellos non se limitará a este exercicio de 2020, senón que se prorrogará durante dous anos máis aínda que con menor contía económica. Así, no 2021 a Deputación achegará o 50% (179.858,25 euros) e no 2022 unha partida de 107.914,95 euros (30%), facendo un total de 575.546,40 euros nos tres anos. O custe máximo por cada membro do plantel técnico será duns 28.800 euros.

Trátase da segunda vez que a Deputación facilita a contratación de persoal aos concellos adheridos ao plan de compostaxe provincial, tendo outorgado na primeira convocatoria axudas para a contratación de trece postos técnicos. As quince novas prazas c con peubriranse con persoal preparado en compostaxe, chamando en primeiro lugar ás persoas que forman parte da vixente bolsa de emprego e, en segundo lugar, da lista creada tras o proceso de selección realizado este ano pola Deputación.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones