Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui elabora unha listaxe dos comercios abertos ou con entrega a domicilio e dos servizos que ofertan

Os interesados en figurar nesta compilación deben enviar os seus datos ao correo cfo@tui.gal ou ao teléfono 670 245 633

Os interesados en figurar nesta compilación deben enviar os seus datos ao correo cfo@tui.gal ou ao teléfono 670 245 633

Fecha: 14 de Abril de 2020

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui, a través da concellería de Comercio, comezou a elaborar confeccionar unha listaxe dos comercios locais que durante este Estado de Alarma continúan a prestar os seus servizos, ben con atención ao público, coma na modalidade non presencial co servizo de encarga por teléfono ou web, e reparto a domicilio.

O obxectivo, segundo explicaba a concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, é dobre. Así por unha parte perséguese "apoiar ao pequeno comercio, ao comercio de proximidade, ao que está arriscando a diario abrindo as súas portas, pero tamén aquel outro que non está aberto pero está a realizar envío a domicilio, pequenos produtores...". Tamén se pretende "facilitar a realización das compras, evitar aglomeracións, colas, e que a veciñanza poida realizar as compras coa maior seguridade posible".

A listaxe que se elaborará cos datos proporcionados polos propios establecementos será publicada na web tui.gal e será actualizada continuamente.

É por iso que aqueles establecementos comerciais interesados en sumarse a esta iniciativa deben enviar os seus datos ao correo cfo@tui.gal ou ao teléfono 670 245 633. En concreto os datos solicitados son:

1. Nome comercial do establecemento
2. Enderezo
3. Páxina web
4. Redes sociais
5. Enderezo de correo electrónico
6. Teléfono
7. Tipo de establecemento
• Produto que oferta
8. Establecemento con atención presencial
• Si/No
• Horario de atención ao publico
9. Servizo de encarga
• Si/Non
• Modo de encarga:
10. Servizo de entrega a domicilio
• Si /No
• Cómo realizar o pedido
• Condicións de entrega
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones