Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tui impartirá seis cursos gratuítos de -Dixitalización aplicada-

O obxectivo é proporcionar á poboación formación en competencias dixitais básica. A inscrición gratuíta está xa aberta en tui.gal

O obxectivo é proporcionar á poboación formación en competencias dixitais básica. A inscrición gratuíta está xa aberta en tui.gal

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Mayo de 2024

Fuente: Concello de Tui

Entre xuño e novembro o Concello de Tui vai impartir un curso de “Dixitalización Aplicada”. Haberá seis quendas cunha duración de 30 horas lectivas cada quenda.

Coa posta en marcha desta acción formativa o Concello de Tui fixo coma obxectivo aumentar a porcentaxe da poboación que posúe competencias dixitais básicas organiza un curso de “Dixitalización aplicada”, xa que segundo estudos coma o ‘Impacto de la transformación digital en España: 1998-2023’, elaborado por la Fundación Orange e a consultora Nae, o 35% da poboación española carece de competencias dixitais básicas, pese a que o 95% da poboación con idades entre os 16 e os 74 anos empregou internet ao longo do ano pasado.

Neste curso de “Dixitalización aplicada” inclúense contidos básicos para iniciarse no uso de teléfonos intelixentes ou no ordenador, o uso da intelixencia artificial ou a creación de contidos. Así no temario a impartir figura Tecnoloxías Habilitadoras Dixitais, Información e Alfabetización Dixital, Comunicación e Colaboración en liña. Creación de Contidos Dixitais, Seguridade na rede, e Resolución de Problemas.

As clases terán lugar no Centro Municipal de Formación en Guillarei. A  primeira  quenda  será  do 4 ao 13 de xuño de 9.30 a 13.30 h, e a segunda do 4 ao 17 de xuño de 16 a 19 h. Continuará até novembro con distintas quendas de mañá ou tarde segundo o mes elixido para realizar esta actividade. Para participar non é preciso ter coñecemos previos. As prazas son limitadas.  As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente a través do formulario dispoñible en https://tui.gal/gl/curso-dixitalizacion.

A concelleira de Formación en Emprego, Ana Núñez, convida á cidadanía a aproveitar esta oportunidade de formación gratuíta, na que poden adquirir as competencias dixitais básicas que facilitarán o emprego das novas tecnoloxías.

Esta información pódese ampliar nos teléfonos 670 24 56 33,  608 84 40 58 ou 986 60 39 49.

Este curso de “Dixitalización Aplicada” está financiado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes e cofinanciada pola Unión Europea no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí