Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui logra a declaración de Área Rexurbe para rehabilitar o seu centro histórico

A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda levouna hoxe ao Consello da Xunta para a súa declaración. A Área Rexurbe tamén inclúe ao paseo da Corredoira e ás rúas Bispo Lago e Martínez Padín.

A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda levouna hoxe ao Consello da Xunta para a súa declaración. A Área Rexurbe tamén inclúe ao paseo da Corredoira e ás rúas Bispo Lago e Martínez Padín.

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Septiembre de 2021

Fuente: Concello de Tui

135.000 metros cadrados do Conxunto Histórico de Tui, e tamén do paseo da Corredoira e das rúas Bispo Lago e Martínez Padín, forman parte da nova Área Rexurbe que a consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda levou hoxe ao Consello da Xunta para a súa declaración.

 

É unha figura prevista na Lei 1/2019, do 22 abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, para impulsar a revitalización integral das zonas ou ámbitos con edificacións máis degradadas ou en declive socioeconómico. Até o de agora en toda Galicia só Mondoñedo, A Coruña e Ribadavia formaban parte dunha Área Rexurbe.

 

Segundo o informe realizado polo Concello de Tui para xustificar a súa aprobación, hai identificados máis de 360 edificios nas zonas de actuación da Área Rexurbe, dos cales 67 presentan un estado ruinoso. Ademais, nesta área (centro histórico, Corredoira,  Bispo Lago e Martínez Padín) residen ao redor de 1.900 persoas, unha poboación bastante envellecida, xa que case a cuarta parte supera os 65 anos.

 

A decisión da Xunta de declarar a Área Rexurbe na cidade de Tui, ademais de promover a rehabilitación de edificios, tamén busca que se leven a cabo iniciativas de dinamización social, demográfica e económica.

 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, cualificou esta declaración como unha magnífica noticia e asegurou que “é unha cuestión na que levamos traballando dende case o inicio da lexislatura xa que consideramos fundamental que Tui, co centro histórico que posúe, estivera dentro dunha Área Rexurbe”. Indicaba o alcalde que “Tui xa estaba nun Programa Rexurbe de rehabilitación pero a través desta declaración conséguese actuar nun ámbito moito máis extenso e no que ademais da rehabilitación de edificios, establecerase un proxecto socioeconómico para as diferentes zonas do municipio incluidas na Área Rexurbe”.

 

De igual xeito, o alcalde tamén referíase ao importante esforzo que terá que asumir o Concello de Tui tras a declaración da Área Rexurbe, xa que van ser necesarios un maior número de medios persoais, técnicos e máis recursos financeiros para levar a cabo este ambicioso proxecto que cualificou como “o principio do rexurdir do noso patrimonio histórico”.

 

Tras a súa declaración hoxe e unha vez publíquese no DOG, o seguinte paso para o  Concello de Tui será empezar a traballar no plan de dinamización da súa Área Rexurbe, planificando as actuacións que se van desenvolver nos vindeiros anos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí