Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui, O Rosal, Tomiño, A Guarda e Oia adhírense ao servizo de cita previa da Deputación de Pontevedra

Esta nova prestación facilitará a planificación do control do aforo nas oficinas municipais e súmase ás que xa dispoñen os 53 concellos da provincia adheridos á administración electrónica para celebrar as sesións colexiadas de xeito virtual

Esta nova prestación facilitará a planificación do control do aforo nas oficinas municipais e súmase ás que xa dispoñen os 53 concellos da provincia adheridos á administración electrónica para celebrar as sesións colexiadas de xeito virtual

Fecha: 19 de Mayo de 2020

Fuente: Deputación Pontevedra

A Deputación de Pontevedra continúa a mellorar a súa Plataforma Informática para ofrecer novos servizos aos 53 concellos da provincia e tres mancomunidades que están adheridos á administración electrónica para que poidan dar resposta ás novas necesidades de xestión municipal derivadas do COVID-19. Despois de que en abril a institución provincial facilitase a través desta plataforma aos concellos a posibilidade da celebración telemática das súas sesións colexiadas, agora amplía o servizo para que os municipios poidan asumir con total garantía a atención cidadá nas novas circunstancias, co establecemento a través da sede electrónica dun sistema de cita previa, que ofrece a posibilidade de contactar coas oficinas municipais de xeito presencial ou por videoconferencia telemática.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, remitiu hoxe unha carta aos concellos para informarlles desta nova prestación, que xa teñen operativa e que será fundamental para que poidan planificar o control de aforo nas oficinas municipais, a fin de axudar "a manter a distancia de seguridade da cidadanía que precise acudir ás dependencias do concello, evitando así colas e aglomeracións".

Coa nova ferramenta, a cidadanía que queira dirixirse ao seu concello para a realización dalgunha xestión terá a opción de facer clic na Cita Previa na sede electrónica e na solicitude poderá elixir se a cita será presencial, telefónica ou por videoconferencia. Será o concello o que decida que servizos e departamentos terán cita previa e cando esixirá aos veciños e veciñas facer a súa reserva, se a través de certificado ou simplemente con cumprimentar un formulario. Así, os concellos tamén poderán organizar diferentes axendas (por exemplo para o rexistro, padrón ou para outros departamentos) e configurar diferentes franxas horarias de atención ao público. O novo servizo estará dispoñible a través de tablets e dispositivos móbiles. Nesta semana, os concellos recibirán asesoramento por parte do persoal para que poidan aplicar esta nova función da súa sede electrónica, e están programados a tal efecto varios seminarios web, coa posibilidade, se é preciso, de organizar novas sesións de formación.

Este novo servizo complementa os que xa podían realizar os 53 concellos adheridos á administración electrónica coa ferramenta virtual habilitada dun xeito totalmente gratuíto pola Deputación, en concreto a celebración de sesións telemáticas dos órganos colexiados, así como reunións e plenos virtuais, mesas de contratación a distancia, así como traballo colaborativo entre persoal funcionario. Amais, o sistema, ao que se pode acceder a través de ordenadores e dispositivos móbiles, permite retransmisións en directo a través da propia sede electrónica ou plataformas nas redes sociais, garantindo unha maior transparencia.

Máis polo miúdo, os concellos que están adheridos a este servizo ofrecido pola Deputación son: Poio, Tui, Cambados, O Rosal, Tomiño, Baiona, Vila de Cruces, Mos, A Cañiza, Bueu, Cangas, Redondela, A Estrada, Lalín, A Guarda, Salceda, O Porriño, Moaña, A Illa de Arousa, Soutomaior, Ponte Caldelas, Ponteareas, Meaño, Gondomar, Salvaterra, O Grove, Silleda, Caldas, Valga, Vilaboa, Meis, Cuntis, Mondariz, Moraña, As Neves, Barro, Forcarei, Catoira, Portas, Pontecesures, Pazos, Oia, Arbo, Rodeiro, A Lama, Covelo, Agolada, Crecente, Campo Lameiro, Fornelos, Dozón, Mondariz-Balneario e Cerdedo-Cotobade, amais das Mancomunidade do Salnés, do Val Miñor e do Morrazo.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones