Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui obtén o respaldo de Europa e redacta a súa Axenda Urbana

Polas súas fortalezas a Unión Europea e o goberno de España apostan por Tui converténdoo no único concello da provincia, de menos de 20.000 habitantes, con financiamento para redactar a súa Axenda Urbana

Polas súas fortalezas a Unión Europea e o goberno de España apostan por Tui converténdoo no único concello da provincia, de menos de 20.000 habitantes, con financiamento para redactar a súa Axenda Urbana

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Mayo de 2022

Fuente: Concello de Tui

O concello de Tui inicia a redacción da súa Axenda Urbana, documento estratéxico que marcará o crecemento do concello ao longo dos vindeiros dez anos. Polas súas fortalezas a Unión Europea e o goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, decidiron apostar por Tui converténdoo no único concello da provincia de menos de 20.000 habitantes con financiamento para redactar a súa Axenda Urbana.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, explica a importancia de ter acadado este apoio que “permite avaliar e deseñar as accións para que Tui camiñe cara un desenvolvemento sostible no que a procura dunha mellor calidade de vida para a veciñanza é o obxectivo prioritario”.

Dos 8.131 concellos que hai en España tan só 121 foron seleccionados para a redacción dunha Axenda Urbana. A través dos fondos Next Generation Tui planificará os vindeiros dez anos en liña con dez obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS).

Ordenar e protexer o territorio, revitalizar a cidade, favorecer a economía circular e realizar un aproveitamento axeitado dos recursos, promover a proximidade e a mobilidade sostible, fomentar a cohesión social e impulsar a economía da cidade, innovación dixital e boa gobernanza son as liñas de traballo nas que se enmarca o deseño do futuro de Tui.

A súa ubicación xeográfica, o seu patrimonio histórico e natural, o seu peso nas relacións internacionais con Valença e o traballo realizado a través da Eurocidade, a adhesión ao ÁGORA e o proceso de revitalización da cidade histórica a través do REXURBE foron claves para que Tui obtivera a confianza do goberno do Estado e de Europa. Agora Tui redacta unha planificación que será exemplo a seguir polo resto dos municipios de características similares.

“Unha Axenda Urbana debe concretar liñas de actuación que rexerán o desenvolvemento futuro do municipio cara a sustentabilidade económica, social e medioambiental. Este Plan de Acción debe ser consensuado entre todos e todas e abarca todo o concello, dende as parroquias ao centro urbano”, engade o alcalde.

O equipo redactor iniciou un proceso de participación que contempla encontros con todos os voceiros/as dos grupos da corporación e representantes de colectivos e asociacións, tanto no centro como no rural, para coñecer de primeira man as principais fortalezas e eivas de Tui. O primeiro paso desta Axenda Urbana é realizar unha análise profunda da situación actual para emitir un diagnóstico que dará paso á redacción do plan de acción.

As primeiras reunións arrincaron esta semana con técnicos municipais e con todos os voceiros/as da Corporación. Para a semana o proceso participativo iniciará o seu percorrido polas parroquias citando ás comunidades de montes en man común e colectivos veciñais e medio ambientais.

“A Axenda Urbana non é un documento político, é a estratexia de futuro e por iso é imprescindible que se realice unha análise, que se faga unha consulta que se planifique con criterios técnicos e se redacte un documento consensuado”, conclúe o alcalde.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones