Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui pon en marcha a Aula Mentor en colaboración co Ministerio de Educación

Ofrecerá máis de 200 cursos de diversas áreas en liña con formación flexible e titorización personalizada

Ofrecerá máis de 200 cursos de diversas áreas en liña con formación flexible e titorización personalizada

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Febrero de 2022

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui asinou un convenio co Ministerio de Educación y Formación Profesional grazas ao que no municipio se amplía a oferta formativa coa Aula Mentor, instalada xa no Centro Municipal de Formación e Emprego en Guillarei.

A Aula Mentor é un programa de formación en liña, non regrada e flexible que conta con titorización personalizada para o alumno ou alumna. Vai dirixida a persoas maiores de 18 anos interesadas en ampliar as súas competencias persoais e profesionais. A través da mesma as persoas interesadas terán acceso a un amplo conxunto de cursos, en permanente actualización, deseñados especialmente para esta modalidade de ensino a distancia, e organizados en áreas formativas dende “Iniciación á informática”, “Programación”, “Redes e equipos informáticos” a “Saúde”, “Idiomas” ou “Xestión comercial e financeira de Pemes”. Amais hai unha serie de cursos con carácter profesional para hostalería e turismo; servizos socioculturais e axuda á comunidade; madeira, moble e cortiza; comercio e márketing, …

Nos próximos días esta Aula Mentor de Tui estará xa operativa. Os primeiros meses serán de toma de contacto para comprobar o seu funcionamento, resolver incidencias que poidan producirse, e avaliar a implantación do servizo.  Ofertará así máis de 200 cursos dirixidos tanto á mellora das competencias básicas como para a promoción da aprendizaxe ao longo da vida profesional, permitindo, unha vez completado, obter o certificado de profesionalidade.

O Concello de Tui para a posta en marcha desta Aula Mentor recibiu unha dotación inicial de 4 mil euros, para a posta en marcha do programa e  sufragar os gastos relacionados co mesmo.

A concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, quere agradecer a colaboración do departamento municipal de formación na consecución e posta en marcha desta Aula Mentor. Indica que “permitirá ampliar as opcións formativas dos cidadáns de Tui o que contribuirá a mellorar a súa cualificación profesional coa garantía dunha titulación avalada polo Ministerio de Educación”. Ademais indica que “como administración máis próxima aos cidadáns temos o deber e a responsabilidade de mellorar a vida das persoas facilitando os recursos necesarios para que as persoas do rural poidan ter as mesmas oportunidades con indiferenza do lugar no que vivan”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí