Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tui pon en valor as igrexas parroquiais e a ponte do Mosteiro coa sinalización destes elementos patrimoniais

Esta actuación súmase a realizada anteriormente noutros templos achegando información sobre os valores culturais e patrimoniais tudenses

Esta actuación súmase a realizada anteriormente noutros templos achegando información sobre os valores culturais e patrimoniais tudenses

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Agosto de 2022

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui pon en valor as igrexas parroquiais coa instalación de sinalización turística nos templos de Santa Mariña en Areas, Santiago de Malvas, Nosa Señora da Guía en Randufe, O Anxo en Pazos de Reis, Santa Comba en Ribadelouro, San Mamede en Guillarei, San Xoán en Paramos, Santiago en Baldráns e San Martiño en Caldelas. Tamén se procedeu a sinalizar outros elemento patrimonial destacado coma é a Ponte do Mosteiro en Pexegueiro.

Esta actuación súmase á realizada en anos anteriores na igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns, na Capela de Nosa Señora do Camiño de Rebordáns ou a igrexa parroquial de San Miguel de Pexegueiro.

A sinalética colocada para a identificación destes bens culturais cumpre coas especificacións técnicas do Manual de sinalización turística de Galicia. Esta intervención conta cunha achega da Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro das subvencións para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2021.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, comenta que a información e promoción dos recursos patrimoniais “é unha ferramenta básica da actuación do Concello de Tui no ámbito cultural e turístico que abrangue non unicamente os recursos ligados co conxunto histórico tudense senón ao amplo abano de elementos patrimoniais que conservan as diversas parroquias do noso municipio”.

Con esta intervención todas as igrexas parroquiais do noso concello contan cunha sinalización que informa do seus valores culturais e patrimoniais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí