Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TUI PREPÁRASE PARA A CELEBRACIÓN DE PLAY-DOC, O MAIOR ACONTECEMENTO CULTURAL DA CIDADE

Terá lugar do 13 ao 17 de marzo. Na programación destacan as retrospectivas de Maysles e Guillén Landrián

Fecha: 08 de Marzo de 2013

Fuente: www.concellotui.org

Terá lugar do 13 ao 17 de marzo. Na programación destacan as retrospectivas de Maysles e Guillén Landrián
 
As miradas do audiovisual a nivel internacional volverán posarse do 13 ao 17 de marzo en Tui coa novena edición de Play-Doc , o Festival Internacional de Documentais de Tui. A inauguración terá lugar o mércores 13 ás 20.30h no Teatro Municipal de Tui .

A presentación deste evento tivo lugar esta mañá na Área Panorámica a cargo dos directores do festival, Sara García e Ángel Sánchez, xunto ao secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez e a concelleira de Cultura de Tui, Vanesa Rodríguez.

"Estamos moi satisfeitos. Esta é unha das mellores edicións. Son nove anos e a labor cristaliza sobre todo coa presenza do gran Albert Maysles". Deste xeito comezaba a súa intervención Sara García quen salientaba que "a retrospectiva de Maysles é das máis importantes que temos feito". Tamén indica que é un privilexio o ciclo que van dedicar a Guillén Landrián, apuntando é o contrapunto perfecto á obra dos irmáns Maysles. Por outra parte salientaba o "momento óptimo" que vive o documental galego con repercusión internacional. Sara García explicaba que nesta novena edición teñen "unha programación reducida pero selecta" feita con moito cariño. Tiña amais palabras para os colaboradores de Play-Doc "pola súa profesionalidade e entrega".

Ángel Sánchez, pola súa parte explicaba que "cumprimos 9 anos. Para nós este é un reto marabilloso, facer un festival internacional dende a periferia e que se fale del". E engadía que neste caso "a periferia é un valor engadido" que impacta en cada un dos convidados de Play-Doc. Agradecía o apoio das institucións e entidades privadas pero tamén dos colaboradores individuais e anónimos como son os Play-Doc Support que "máis aló do impacto económico, o que importa é o impacto moral que supón que haxa tanta xente detrás do festival que o quere apoiar directamente". Aludía amais á visibilidade que se lle da ao audiovisual galego tanto durante o festival, cos contactos que se fixeron nas distintas edicións, senón tamén nas actividades que Play-Doc realizado ao longo ano tratando de propor programación con documental galego fóra das nosas fronteiras porque "cremos profundamente no talento que hai en Galicia". Explicaba por último que a supervivencia do festival é froito de que "sempre temos un proxecto moi equilibrado".

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, comezou a súa intervención indicando que "nunha situación complexa como a que nos toca vivir é importante que a cultura sexa aire fresco que nos anime a seguir traballando". E engadía que "Play-Doc é o acontecemento cultural máis importante que se celebra en Tui". Apuntaba amais o rexedor que a cidade é un lugar estratéxico polo seu posicionamento e pola súa traxectoria cultural ao longo dos séculos. Moisés Rodríguez afirmou que "o concello mantén a súa aposta económica por este festival". Felicitou aos organizadores po resta novena edición destacando o traballo dos colaboradores e a gran resposta do público, pondo de manifestou o seu convencemento en que "Play-Doc vai ter moita vida".

Anxo Lorenzo, secretario Xeral de Cultura, expuxo que "por parte da Xunta non hai dúbida do compromiso coa cultura e co audiovisual". Salientaba amais o seu compromiso e apoio a Play-Doc ao tempo que destacaba que "este tipo de apoio visualiza a cultura que se fai en todos os territorios do país".

Vanesa Rodríguez, concelleira de Cultura, salientou o referente internacional que é Play-Doc, un festival que leva o nome de Tui por todo o mundo, segundo dicía. Felicitou aos organizadores polo seu traballo e polo feito de comezar o festival en Tui e continuar con el na cidade.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones