Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tui presenta novo material turístico guiado por Francisco Sánchez e Dona Urraca

Edítanse en castelán e galego e están xa dispoñibles na Oficina de Turismo

Edítanse en castelán e galego e están xa dispoñibles na Oficina de Turismo

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Marzo de 2021

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui presentou esta mañá novo material turístico conformado por un mapa xeral da cidade e dúas rutas “O tesouro de Salomón” e “O túnel de dona Urraca”.

O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, a historiadora Sara Quintana, e o ilustrador, Xosé Tomás, foron os responsables desta presentación, á que asistiron tamén representantes dos grupos presentes na corporación municipal. 

O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, explicou que Tui aposta por un turismo activo e ao aire libre en tempos de pandemia, precisou que as novas guías “están para pensadas para ser autoguiadas descubrindo os recunchos do conxunto histórico”.  Detallou as tres novas rutas propostas: un mapa xeral, “O tesouro de Salomón” e “O túnel de dona Urraca”.  Destacou que “O tesouro de Salomón”, vinculado á ruta xudía, está guiado por Francisco Sánchez, “quizais o persoeiro máis importante da historia de Tui”. E coma novidade apuntou que “na guía vanse facendo preguntas que o visitante ten que ir descubrindo”.  Agradeceu o traballo realizado por Sara Quintana e Xosé Tomás, e destacou que estas novas guías “permitirán descubrir un Tui distinto”

A historiadora Sara Quintana explicou que a idea coa que se desenvolveu este proxecto foi “crear un produto turístico, educativo e cultural que plasmase de xeito xeral e con certa profundidade a historia de Tui”. Indicou a ruta de “O túnel de dona Urraca”, cunha duración de 75 minutos “está plantexada cun percorrido polo conxunto histórico entorno á Catedral, e a outra “O tesouro de Salomón”, cunha duración de 120 minutos, abranguería unha zona máis ampla. A elección dos dous personaxes que guían as rutas, Francisco Sánchez e Dona Urraca, segundo explicou obedece a que “Francisco Sánchez é un personaxe moi destacado da historia de Tui e da historia mundial, e Dona Urraca tamén, e válennos para falar doutras partes da historia máis transversal coma a independencia de Portugal e o papel que tivo Tui”.

O ilustrador Xosé Tomás, destacou a sintonía que se realizou esta traballo que persegue pór a historia de Tui á dispor dos nenos e do público en xeral. Indicaba que “Foi un traballo moi agradecido pola enorme sintonía que tivemos á hora de plasmalo” que contou “cun diálogo moi bonito a nivel creativo”.  Explicaba que presentan “un plano base e logo a adaptación do plano ás distintas rutas”. Engadía que lles parecía importantísimo que “houbera dúas lecturas”, unha primeira da lectura da visita, e unha segunda máis a fondo co material xa na casa.  Nese senso explicaba que ao realizar o traballo cambiaron o guión establecido inicialmente para incorporar nunha das caras do plano o detalle dos distintos edificios.

Os novos folletos están publicados en galego e castelán o guión foi realizado pola historiadora Sara Quintana e o deseño corresponde ao ilustrador Xosé Tomás. Edítanse 5 mil exemplares de cada unha destas propostas. Están xa dispoñibles na Oficina Municipal de Turismo e tamén se poden descargar na web municipal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí