Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tui recibirá máis de 300 mil euros para converter o cárcere vello nun centro de acollida de peregrinos e visitantes

Será financiado polo do Plan Nacional Turístico Xacobeo 2021-22

Será financiado polo do Plan Nacional Turístico Xacobeo 2021-22

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Junio de 2021

Fuente: Concello de Tui

Tui recibirá 329.859,49 € do Plan Nacional Turístico Xacobeo 2021-22 para converter o cárcere vello nun centro de acollida e interpretación de peregrinos e visitantes, proxecto que foi financiado integramente polo Concello de Tui.

O Plan Nacional Turístico Xacobeo ten por obxectivo impulsar os Camiños de Santiago. Foi presentado hai uns días pola ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.
O obxectivo é crear no Cárcere Vello un novo espazo cultural de referencia para a cidade no que dinamizar as visitas ao Conxunto Histórico-Artístico de Tui. O proxecto redactado pola empresa Trivium estratexias en cultura e turismo S.L., contempla o acondicionamento do local e montaxe do Centro Cárcere Vello para a acollida aos visitantes do conxunto histórico de Tui e aos peregrinos do Camiño de Santiago.

Estas instalacións serán completamente reformadas para acoller un proxecto museográfico que porá en valor o patrimonio e legado histórico de Tui. Os espazos expositivos contarán coa tecnoloxía máis punteira. Os visitantes poderán realizar experiencias audiovisuais inmersivas a través de holografías e paneis interactivos que percorrerán as orixes prehistóricas de Tui, a vía romana que a atravesaba, as invasións normandas e musulmáns, o mercado medieval e os personaxes da nobreza que protexían a cidade, a relación milenaria con Portugal, a fenomenal comunidade xudía e a simboloxía secreta que utilizaban. Tamén destacarán personaxes ilustres tudenses como o filósofo Francisco Sánchez, precursor de Descartes, ou Frei Rosendo Salvado, evanxelizador de Australia. A exposición permanente contará cunha sala dedicada en exclusiva ao Camiño Portugués a Santiago.


O Centro Cárcere Vello será completamente accesible grazas á instalación de elementos de mobilidade e paneis informativos adaptados para persoas con diversidade funcional e cognitiva. Contará ademais cun Programa Didáctico, con varios espazos reservados a tal fin, con actividades e visitas dirixidas á comunidade educativa.

O Centro Cárcere Vello de Tui será tamén un lugar de acollida de peregrinos que disporán dunha consigna onde poderán gardar os seus vultos e visitar tranquilamente o centro da cidade. O complexo disporá dunha zona recreativa con espazos verdes, fonte, bancos, aparcadoiro para bicicletas, e servizos de venda de bebidas. O patio do Cárcere Vello estará aberto para conformar unha nova praza pública para o goce de tudenses e visitantes.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosa a súa satisfacción por esta achega que permitirá converter o cárcere vello nun punto de referencia en pleno Camiño Portugués ao seu paso por Tui. E que a súa vez permitirá tamén pór en valor e avanzar na recuperación do conxunto histórico. O proxecto a executar combinará o patrimonio e a historia tudense coas últimas tecnoloxías nun proxecto innovador e accesible. Asemade agradece a Directora Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro as xestións realizadas para a inclusión deste proxecto no Plan Nacional Turístico Xacobeo 2021-2022,        que lle fora trasladado para a súa tramitación.

O concelleiro de Patrimonio e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, considera de vital importancia o investimento no Camiño Portugués ao seu paso por Tui que redundará positivamente na cidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí