Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui traballa na posta en marcha un Plan de Reactivación Económica Local

Está sendo consensuado por toda a corporación municipal e escoitando as propostas do tecido empresarial

Está sendo consensuado por toda a corporación municipal e escoitando as propostas do tecido empresarial

Fecha: 02 de Mayo de 2020

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui traballa na posta en marcha dun Plan de Reactivación Económica Local co que facer fronte as consecuencias económicas derivadas da crise provocada polo COVID-19. Consensuado por toda a corporación municipal esta actuación terá coma principal destinatarios ás empresas e as persoas autónomas do municipio.

Co inicio da desescalada o tecido empresarial e comercial terá que facer fronte a novos retos derivados da nova situación que estamos a vivir.

A primeira medida deste Plan de Reactivación está xa en marcha dende esta semana. Trátase da Oficina COVID-19 que de xeito telemático funciona xa a través da web municipal, tui.gal. Na mesma expertos de distintos ámbitos contestan as consultas e dúbidas que as empresas e autónomos plantexen en relación coa crise do COVID-19 e as axudas de carácter fiscal, laboral e económico dispoñibles. Trátase dun servizo de atención personalizada a través de medios telemáticos, no que está tamén dispoñible toda a información de carácter normativo relacionado co COVID-19 de interese para empresas e autónomos.

Por outra parte dende o Concello de Tui traballase na elaboración dun Plan de Choque de apoio empresarial a nivel municipal. Toda a corporación municipal está participando na súa elaboración e incorporará unha serie de medidas concretas para axudar a contrarrestar os efectos negativos da crise do COVID-19 no tecido empresarial local.

De forma paralela púxose en marcha a Mesa de Reactivación Local de Tui formada por representantes municipais e das empresas, asociacións empresariais e de autónomos. Trátase dun foro de participación no que coñecer directamente as necesidades concretas e propostas do sector para a activación económica do municipio.

Na primeira reunión telemática - celebrada o venres 24 de abril - participaron 13 representantes de asociacións comerciais, empresariais e autónomos, xunto ao alcalde, a concelleira de Comercio, e o concelleiro de Turismo. Amais de escoitar de primeira man as necesidades do tecido económico local; os participantes presentaron las primeiras propostas con medidas administrativas, económicas, tributarias, de prevención de riscos laborais,... Estas propostas están sendo analizadas para poder implementalas no Plan de Reactivación Económica de Tui.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones