Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui volve esta fin de semana á época medieval co Festival Arraianos

Mercado medieval, gastronomía, espectáculos históricos, ... forma parte do amplo programa a celebrar de venres a domingo

Mercado medieval, gastronomía, espectáculos históricos, ... forma parte do amplo programa a celebrar de venres a domingo

Fecha: 30 de Agosto de 2016

Fuente: Concello de Tui

Tui regresará esta fin de semana á época medieval coa primeira edición do Festival Arraianos. Dende a Porta da Pía ata a praza de Fromista pasando polas prazas de San Fernando, a Misericordia e San Telmo haberá ambientación medieval, mercado, gastronomía, animación de rúa, espectáculos e recreacións históricas...que comezarán o venres pola mañá e rematarán o domingo a última hora. A entrada é gratuíta aínda que algunhas actividades son de pago.
O festival foi presentado este mediodía na casa do concello de Tui polo alcalde en funcións e concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, a concelleira de Cultura, María José González, a directora de Arraianos, Andrea Costa, e o presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco.

Miguel Capón, alcalde en funcións e concelleiro da Eurocidade, salientou que este é un evento apoiado por todo o equipo de goberno, agardando que se institucionalice a súa celebración pola relación que ten a cidade de Tui co medievo e que será realzada con esta actividade.

María José González, concelleira de Ensino e Cultura, explicou que Arraianos non é só un festival senón que abarca moitos eventos dende conferencias históricas, a espectáculos, postos de artesanía e gastronomía, un rastrexo, banquetes, deporte... no que agardan se dean cita miles de persoas esta fin de semana na cidade.

Andrea Costa, directora de Arraianos detallou o amplo programa a realizar que comezará o venres ás 10h cun paseo de personaxes medievais dende a Glorieta de Vigo ata a Catedral. Durante os tres días, venres, sábado e domingo, ás 11h comezara a animación musical e abrirá o mercado medieval que continuarán ao longo da xornada. Cada xornada ás 19h na praza de Fromista abrirase a zona "Receitas de Poniente" con tapas inspiradas na serie Xogos de Tronos.

O venres a Aula da UNED no antigo convento de San Domingos acollerá distintas conferencias sobre Tui na época medieval no que intervirán entre outros os historiadores tudenses Marta Cendón e Suso Vila.

A praza de San Fernando acollerá recreacións históricas teatralizadas da "Tentativa de invasión portuguesa" e do "Tratado de Tui" o venres ás 19h, ou "Liza", un combate medieval, o domingo ás 21.15h. Amais haberá espectáculos de danza a cargo da Escola de Danza Paula Cobián o venres ás 23h "Aquelarre" e o domingo ás 12.30h "Campesiñas" e ás 20h "Peregrinos". Pero tamén se celebrará o venres ás 00.30h o espectáculo de lendas, lume e bruxería "Noite das Coruxas" e o sábado ás 23h "Noite dos Cruceiros". O sábado á noite haberá un particular rastrexo, o Survival Zombie para o que as entradas están á venda ao prezo de 25€ en Game Over e Libreiría Nobel.

Amais o venres ás 21.30h celebrarase no adro da Catedral un Banquete Medieval no que os comensais terá que ir caracterizados para disfrutar do menú composto por Ensartado de cordeiro, polo á mel, sopa cremosa de berzas, cebolas en salsa, peras ao viño e mazás asadas... cun prezo de 25€ para adultos, 12 para nenos de 8 a 12 anos e 8€ para os menores de 8 anos. Amais o domingo haberá unha representación dun xantar medieval con animación a cargo do grupo de Musica Tradicional Arume de Malvas.


O sábado ás 11h comezará "Á conquista do Miño" unha carreira medieval en kaiak entre a praia de Areiros e o Centro Interfederado, no que os participantes ataviados da época medieval terán que recuperar panos de cores en distintos puntos do río. O prezo da inscrición é de 8€ con piragua propia, 15 con piragua individual de aluguer e 30€ con piragua dobre de aluguer. O sábado ás 19h celebrarase na Praza de San Fernando unha voda medieval no que unha parella de Huelva celebrará o seu casamento.


Os que se acheguen ata Tui poderán disfrutar de visitas teatralizadas con representación de escenas medievais previstas para o domingo ás 17h cun prezo de 8€ para maiores de 14 anos e de 5€ para os menores desta idade Arraianos pecharase co espectáculo "Os guardiáns da mandrágora" o domingo ás 23.30h

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones