A publicación está editada en seis idiomas distintos, recolle toda a oferta de establecementos rurais da Comunidade galega
Fecha: 06 de Febrero de 2012
Fuente: www.xunta.es
Esta guía, unha das edicións anuais de Turgalicia con maior demanda, ven de publicarse en seis idiomas: galego, castelán, inglés, francés, alemán e portugués, e recolle todas as posibilidades de aloxamento rural na Comunidade galega de acordo coa normativa vixente sobre Turismo Rural de Galicia.
Así, nesta publicación detállanse as características dos 591 aloxamentos rurais galegos, dos que 167 radican na provincia da Coruña, 152, na de Lugo; 87, na de Ourense; e 184 na de Pontevedra.
Facilidades de acceso
A Guía de Turismo Rural 2012, da que se tiraron 65.000 exemplares que se poderán atopar nas feiras de Turismo, oficinas turísticas e entidades de promoción turística tanto nacionais como internacionais, inclúe as coordenadas GPS dos establecementos rurais que se poderán descargar da web de Turgalicia para os distintos navegadores do mercado.
Este folleto turístico conta con 128 páxinas a toda cor e tamén se pode descargar en formato PDF no apartado de descargas da web www.turgalicia.es. Entre os seus contidos cómpre salientar as fotografías a cor de cada un dos establecementos rurais reseñados, así como un mapa de cada provincia coa localización de cada unha das casas incluídas na guía. Tamén se especifican os enderezos postal e electrónico de cada aloxamento, así como varios pictogramas cos servizos que se prestan.
versión Web
Infomiño Noticias Baixo Miño