Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Turismo de Galicia licita por algo máis de medio millón o proxecto de rehabilitación do Cárcere Vello de Tui

O proxecto permitirá transformar o edificio nun centro de recepción de peregrinos así como un Centro de Interpretación Histórico-Artístico de Tui

O proxecto permitirá transformar o edificio nun centro de recepción de peregrinos así como un Centro de Interpretación Histórico-Artístico de Tui

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Septiembre de 2023

Fuente: Xunta de Galicia

  • O proxecto permitirá transformar o edificio nun centro de recepción de peregrinos así como un Centro de Interpretación Histórico-Artístico de Tui
  • A iniciativa está financiada cos fondos europeos Next Generation no marco dos proxectos de rehabilitación de 12 BICs que está a executar a Xunta por importe de 22,7M€

Turismo de Galicia ven de licitar o proxecto de rehabilitación do edificio do Cárcere Vello de Tui para destinalo a Centro de Recepción e Atención de Peregrinos e Centro de Interpretación Histórico-Artístico de Tui, no marco do plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea por importe de algo máis de 550.000 euros.

 

A obra  proposta pretende a realización da rehabilitación da edificación da cárcere Vella de Tui de tal xeito que se recupere a súa orixinalidade con eliminación de subestruturas  alleas a mesma, así como actuacións sobre a cuberta de tella e estrutura portante orixinal, recuperando espazos  diáfanos e acondicionando os exteriores para da servizo o usuario e exposicións que se poidan albergar.

 

A execución destes traballos permitirá recuperar o acceso principal do edificio así como a imaxe orixinal dos patios e escaleiras exteriores. Do mesmo xeito, no interior eliminaranse todas as estruturas non orixinais para recuperar a monumentalidade do edificio orixinal e se mellorarán as condicións acústicas e térmicas do espazo, para garantir a súa usabilidade.

 

O proxecto, para o que se establecen dúas anualidades, inclúe tamén reforzo de estrutura de cuberta e illamento pertinente contra o lume así como outras actuacións de protección e seguridade para os usuarios do futuro centro.

 

Este proxecto enmárcase nos 12 BICS de titularidade pública galegos dentro do Plan Xacobeo Next Generation polo cal se levan a cabo proxectos de mantemento e rehabilitación do patrimonio histórico galego e que  ten como obxecto a posta en valor de bens de interese cultural no Camiño de Santiago.

 

Plan Xacobeo Next Generation

No marco desta plan nacional, que conta cun investimento de  39,2M€, destínanse 22,7M€ á rehabilitación de 12 Bens de Interese Cultural (BIC) nos que se está a traballar co obxectivo de rehabilitar e poñer en valor o patrimonio galego vinculado coa Ruta Xacobea.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí