Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Ultímanse os traballos na parcela do Muíño do Mañoco en Tui

As actuacións, supervisadas e dirixidas por un equipo de arqueólogos, están resultando moi proveitosas xa que están a recuperar diferentes elementos que permanecían soterrados.

As actuacións, supervisadas e dirixidas por un equipo de arqueólogos, están resultando moi proveitosas xa que están a recuperar diferentes elementos que permanecían soterrados.

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Noviembre de 2020

Fuente: Concello de Tui

Esta semana remata o prazo establecido pola Consellería de Cultura e Turismo para os traballos de mellora da contorna do muíño do Mañoco, en Tui. Esta obra está promovida pola Asociación Muiñeiros do río Tripes ao abeiro da liña de axudas para actuacións de mellora paisaxística e embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago (TU501 D) e conta cun investimento de 13.800 € dos cales o 75% (10.000 €) son sufragados pola Consellería.

Dende que a asociación asumiu a cesión desta parcela, propiedade da Fundación Félix Rodríguez, levou a cabo diversos traballos de roza e eliminación de vexetación invasora. Así coma a tramitación dos pertinentes permisos perante a Dirección Xeral de Patrimonio , a CHMS e o Concello de Tui, previos a esta actuación de desentullo e adecuación da parce la do muíño, que se atopaba moi degradada polos diferentes recheos e o abandono.

As actuacións, supervisadas e dirixidas por un equipo de arqueólogos, están resultando moi proveitosas xa que están a recuperar diferentes elementos que permanecían soterrados. O máis destacable, ata o momento, é a gran canalización na saída de auga do muíño que se prolonga ao longo de toda a parcela en paralelo ao río. Esta construción non estaba documentada e foi un dos achados deste traballo arqueolóxico.

Outra das evidencias que están quedando comprobadas é o cambio da cota da canle fluvial e dos terreos anexos, moito máis elevados na actualidade que no momento da construción do muíño en época medieval. Un feito que está supondo un maior traballo e complexidade na tentativa de restablecer a paisaxe orixinal do muíño e a súa contorna.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones