Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ÚLTIMO DÍA DE INSCRICIÓN PARA O DESFILE-CONCURSO DE ENTROIDO EN TUI

Dende o xoves, 29 de xaneiro, ábrese o prazo de inscrición para participar no Desfile-concurso de Entroido que se vai celebrar en Tui martes 17 de febreiro.

O próximo xoves, 29 de xaneiro, abrirase o prazo de inscrición para participar no Desfile-concurso de Entroido que se vai celebrar en Tui martes 17 de febreiro.

Fecha: 03 de Febrero de 2015

Fuente: www.concellotui.org / Infomiño

O próximo xoves, 29 de xaneiro, abriruse o prazo de inscrición para participar no Desfile-concurso de Entroido que se vai celebrar en Tui martes 17 de febreiro. O concurso vai dirixido tanto a grupos coma a comparsas que deberán inscribirse, cubrindo o impreso normalizando para este fin, e entregándoo no Departamento de Cultura o xoves 29 e o venres 30 de xaneiro así coma o martes 3 de febreiro en horario de 10 a 14h.  Establécese un límite de participación a 18 comparsas e a 3 grupos, por orde de inscrición, coa salvidade de que non quedará fóra ningún grupo ou comparsa de Tui.

 

Os grupos deben ter un mínimo de 12 integrantes e un máximo de 20. Mentres as comparsas deben estar compostas por un mínimo de 25 persoas disfrazadas.

 

O desfile-concurso celebrarase o martes, 17 de febreiro, ás 17.30h no circuíto establecido polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzo, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda. En caso de choiva aprazaríase para o sábado 21 ás 17.30h. Amais o domingo 22 ás 19.30h sairá da Praza de San Fernando o Enterro do Bacallau no que deben participar os grupos e comparsas inscritos de rigoroso loito para poder facer efectivos os premios do concurso e as compensacións económicas.

 

Así segundo o establecido nas bases desta actividade as comparsas tudense percibirán pola súa participación 250€ e 500€ se van acompañas de carroza, cifras que no caso de comparsas de fóra do municipio será de 125€ e 250€. No caso dos grupo os de Tui recibirán 100€ e 200€ se levan carroza, e os doutros concellos 20€ e 100€ respectivamente.

 

En canto aos premios establécense sete premios na categoría xeral na que o xurado valorará orixinalidade, vestiario, parodia, acompañamento musical e carroza. A contía dos premios oscilará entre os 700€ do primeiro clasificado e os 100 que percibirá o sétimo. En carrozas hai sete premios que oscilan entre 400€ e os 50€. Mentres en acompañamento musical establécense tres premios de 250€, 150€ e 50€ e un en Fantasía dotado con 300€.

 

As bases completas do desfile-concurso poden consultarse da web www.concellotui.org, no taboleiro de anuncios do Concello de Tui e no departamento de Cultura.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones