Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ÚLTIMOS DÍAS PARA DESFRUTAR DO MAIO GASTRONÓMICO DA GUARDA

Esta iniciativa chega ao seu fin coa última semana do mes que tamén é a máis destacada, pois este ano coincide nesta fin de semana a Festividade do Santísimo

Esta iniciativa chega ao seu fin coa última semana do mes que tamén é a máis destacada, pois este ano coincide nesta fin de semana a Festividade do Santísimo

Fecha: 26 de Mayo de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Neste mes de maio que está a piques de rematar, A Guarda preparouse para recibir a época estival cunha completa oferta de actividades culturais e gastronómicas encadradas na celebración, como en anos anteriores, do Maio Gastronómico e Cultural.

Durante todo o mes buscouse impulsar a unión entre a axenda cultural e unha campaña gastronómica que fixeran desfrutar aínda máis da vila ós guardeses e guardesas e a todos os visitantes que se achegaran nestes días.

Esta iniciativa chega ao seu fin coa última semana do mes que tamén é a máis destacada, pois este ano coincide nesta fin de semana a Festividade do Santísimo. Así, todos os que se acheguen á Guarda o sábado 28 de Maio para contemplar como se fan as alfombras florais ou o domingo 29 á Procesión do Santísimo poden aproveitar os últimos días da campaña gastronómica.

Grazas a esta campaña quen decida comer ou cear nun dos restaurantes adheridos recibirá un agasallo conmemorativo da nosa vila. É necesario presentar un bono que se pode conseguir na oficina de turismo, na caseta de cobro do Monte Santa Trega, no MASAT e no Museo do Mar. Os restaurantes participantes son: Area Grande, Brisamar, Carla, Casa do Outeiro, Casa Valladeiro, Pizzicata, Marusía, Mar y Cielo, Novo Funil, O Cangrexal, Xeito.

Non obstante a oferta gastronómica seguirá tendo o seu espazo na vila tamén o vindeiro mes, pois este xoves ás 12h na Casa dos Alonsos preséntase "Tapearte A Guarda" que durante os venres, sábados e domingos dende o 27 de Maio ata o 26 de Xuño, ofrecerá ós clientes dos establecementos adheridos tapas especiais a un prezo de 2€/tapa ademais de participar en sorteo de agasallos.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones