Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Últimos días para inscribirse nos cursos de deporte en familia, que comezan en xullo na fortaleza de Goián e no parque da Feira de Tomiño

A OMIX informa que están abertas as inscricións para todas as actividades na páxina web municipal

A OMIX informa que están abertas as inscricións para todas as actividades na páxina web municipal

Fecha: 26 de Junio de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

A OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) lembra que están abertas as inscricións para os cursos de deportes de verán (Hip hop, Danza en Familia, Zumba en Familia, Ioga para adultos e para bebés e Mindfulness en Familia) organizados polo Concello e que comezan o vindeiro 1 de xullo, de forma simultánea , na fortaleza de Goián e no parque da Feira (O Seixo).

 

A inscrición a estas actividades, pode realizarse de xeito individual ou en grupo (de familiares, amigos, amigas, etc.), entrando no seguinte enlace da páxina web municipal: https://tomino.gal/programacion-de-veran-en-familia-2020/.

 

HIP HOP: dirixido a persoas de 12 anos en adiante; as clases estarán baseadas na improvisación, que permite unha comunicación libre e unha forma de expresión e desafogo emocional. O alumnado recibirá as ferramentas técnicas, vocabulario e formas de movemento que lle permita coñecer o estilo e adaptalo ao seu corpo.

A OMIX oferta dous cursos de 9 horas de duración; un en Goián (Fortaleza de San Lourenzo) e outro en Tomiño núcleo urbano (parque da Feira) cunha frecuencia dunha hora á semana.  En Goián, as clases serán os luns de 10.00 a 11.00 horas, e en Tomiño, o mesmo día de 11.30 a 12.30 horas. O prezo é de 5 € por persoa ao mes.

DANZA EN FAMILIA: admitiranse crianzas a partir dos 3 anos acompañados dos seus pais ou familiares. Nesta actividade, xogarase cos corpos a través de ferramentas que proveñen do "partnering" onde se entra en contacto para moverse, e axudarse a crear figuras etc.

Ofértanse tamén dous cursos de 9 h de duración cada un, en Goián (fortaleza) e en Tomiño (parque da Feira). Duración: unha hora semanal. Horario de Goián, mércores de 9.30h a 10.30h, e en Tomiño venres de 9.30h a 10.30h Prezo: 5 € por persoa ao mes (os menores de 12 anos, gratis).

 

KUNDALINI IOGA: destinado a persoas adultas (a partir de 12 anos). A práctica do ioga ten múltiples beneficios e axuda a mellorar a saúde física, mental e emocional, a través da respiración, posturas físicas, meditación e relaxamento.

Ofértanse dous cursos de 9 h de duración cada un, en Goián (fortaleza) e en Tomiño (parque da Feira) Duración: unha hora semanal. A partir de  3 anos e sen límite de idade. Horario: Goián, venres de 10.30h a 11.30h, e en Tomiño mércores de 10.30h a 11.30h Prezo: 5 € por persoa ao mes (os menores de 12 anos, gratis).

 

ZUMBA EN FAMILIA.

É posible inscribirse nesta actividade de xeito individual ou en familia. A zumba consiste nun exercicio aeróbico onde se combinan os ritmos latinos básicos como merengue, salsa, cumbia etc. O obxectivo principal é facer exercicio dun xeito divertido.

Ofértanse dous cursos de 9 h de duración cada un, en Goián (fortaleza) e en Tomiño (parque da Feira) Duración: unha hora semanal. A partir de  3 anos e sen límite de idade. Horario: Goián, martes de 9.30h a 10.30h, en Tomiño xoves de 9.30h a 10.30h Prezo: 5 € por persoa ao mes (os menores de 12 anos, gratis).

 

PILATES EN FAMILIA.

É posible inscribirse nesta actividade de xeito individual ou en familia.

Disciplina dirixida a fortalecer e alongar a columna e activar o abdome traballando conxuntamente co resto do corpo.

Ofértanse dous cursos de 9 h de duración cada un, en Goián (fortaleza) e en Tomiño (parque da Feira) Duración: unha hora semanal. A partir de  3 anos e sen límite de idade. Horario: Goián, martes de 10.30h a 11.30h, en Tomiño xoves de 10.30h a 11.30h Prezo: 5 € por persoa ao mes (os menores de 12 anos, gratis).

 

IOGA PARA BEBÉS.

Impartido por unha profesional con ampla formación e experiencia na materia. O ioga para bebés é un hábito saudable que favorece a relaxación, o benestar físico e a conexión emocional entre bebés e proxenitores.

Ofértanse dous cursos de 9 h de duración cada un, en Goián (fortaleza) e en Tomiño (parque da Feira) Duración: unha hora semanal. Para bebés ata 18 meses e sen límite de idade. Horario: Goián, xoves de 11h a 12h, en Tomiño martes de 11h a 12h Prezo: 5 € por persoa ao mes (os menores, gratis).

 

MINDFULNESS E IOGA FAMILIAR.

As persoas interesadas poden inscribirse de xeito individual ou en familia (a partir de 3 anos). Van traballarse técnicas de respiración, posturas de ioga e movemento corporal e relaxación. O obxectivo principal é traballar fisica, mental e emocionalmente.

Ofértanse dous cursos de 9 h de duración cada un, en Goián (fortaleza) e en Tomiño (parque da Feira) Duración: unha hora semanal. Inicio: xullo. Para bebés ata 18 meses e sen límite de idade. Horario: Goián, martes de 12.30h a 13.30h, en Tomiño xoves de 12.30h a 13.30h Prezo: 5 € por persoa ao mes (os menores, gratis).

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones