Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Un acto na Guarda lembrará ás mulleres que axudaron aos presos do Campo de Concentración de Camposancos

A homenaxe organizada pola ARMH celebrarase este sábado 23 de maio ás 12.00 horas na rotonda situada xunto ao colexio dos xesuítas e a urbanización Río Miño

A homenaxe organizada pola ARMH celebrarase este sábado 23 de maio ás 12.00 horas na rotonda situada xunto ao colexio dos xesuítas e a urbanización Río Miño

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Mayo de 2026

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) do Campo de Concentración de Camposancos e Fosa Común de Sestás celebrará este sábado 23 de maio, ás 12.00 horas, un acto de homenaxe ás coñecidas como “Mulleres con Coraxe”, nun recoñecemento á memoria das mulleres vinculadas ao antigo Campo de Concentración de Camposancos.

O acto terá lugar na rotonda situada entre o colexio dos xesuítas e a urbanización Río Miño, en Camposancos, onde se descubrirá unha placa conmemorativa dedicada a todas aquelas mulleres que sufriron a represión franquista ou que contribuíron a facer máis soportable a vida dos prisioneiros durante os anos de funcionamento do campo.

A homenaxe pon especialmente o foco nas chamadas lavandeiras, mulleres que colaboraban cos presos lavándolles a roupa, actuando como enlace co exterior ou facilitándolles materiais para que puidesen elaborar pequenos obxectos e combater así as longas horas de reclusión.

Desde a ARMH destacan tamén a necesidade de lembrar a aquelas mulleres que estiveron presas no propio campo de concentración e a tantas outras que sufriron persecución, malos tratos e represión simplemente por seren consideradas transgresoras, por saír dos roles impostos pola época ou por seren familiares e esposas de republicanos.

A placa que será descuberta durante o acto servirá como símbolo de memoria e recoñecemento “a todas as Mulleres con Coraxe, ás que penaron neste Campo de Concentración, ás que sufriron a represión franquista, ás que pagaron coa súa vida, ás que lle fixeron a vida máis doada aos prisioneiros e ás súas familias”.

A entidade organizadora agradeceu ademais a colaboración da Entidade e do Concello da Guarda para a celebración desta homenaxe, que busca manter viva a memoria histórica e dignificar o papel das mulleres nun dos episodios máis duros da historia recente da comarca.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí