Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Un son que só se escoita un domingo ao ano, un día no que ata esperta o Trega

Hai tradicións que non se explican, só se viven. O Domingo do Monte é unha delas: un día de reencontros, promesas, música e emocións compartidas que volven cada agosto ao pé do Trega.

Hai tradicións que non se explican, só se viven. O Domingo do Monte é unha delas: un día de reencontros, promesas, música e emocións compartidas que volven cada agosto ao pé do Trega.

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Agosto de 2026

Fuente: Andrea Portela Rodríguez

Hai un momento no Domingo do Monte que non sae nas fotografías. Ocorre moi cedo, cando aínda hai quen segue durmindo e outros xa están poñéndose a camisa. É ese intre no que, coa ventá entreaberta, comezan a escoitarse ao lonxe os primeiros bombos e caixas, resoando dende a Praza do Reló ata á Alameda. Non hai despertador máis guardés ca ese. Un día no que ata esperta o Trega.

Pouco a pouco a casa énchese de movemento. Hai quen prepara as últimas tortillas, quen revisa que non falte a bota de viño, quen pregunta se xa está todo cargado e quen leva media hora esperando na porta porque "imos chegar tarde". Fóra, as rúas van collendo cor. Cada banda coa súa camisa, co seu bombo, coa súa historia.

Pero o domingo do monte arranca moito antes de que soe a primeira gaita. Empeza cando as casas volven encherse. Cando os que levan meses, ou anos, vivindo lonxe regresan coa desculpa perfecta: "É que son as Festas do Monte". Tamén para quen vive do mar hai poucas datas tan marcadas no calendario coma esta. O Domingo do Monte é un deses días nos que se intenta estar na casa. Porque hai celebracións que non precisan invitación. Simplemente sabes que hai que volver.

Un día de encontro que consiste en atoparse, nas bandas, cos de sempre.

Dende a Banda Negra ata Ó Amparo do Monte, cada unha coa súa historia. Coas súas cancións. Coa súa maneira de entender o Monte.

 

O viño sabe distinto:

 

Unha vez arriba, xa non hai présa. O reloxo queda abaixo, no Monte o tempo mídese en reencontros, en cancións e en garrafóns de viño que van pasando de man en man.

O viño do Monte sabe mellor, porque, como di A Carallada, aínda non lle das un trago e xa todo son abrazos.

E cando o garrafón queda medio baleiro, chega outro deses pequenos rituais que non precisan explicación. Alguén o ergue no aire e, con el, a promesa que se repite xeración tras xeración: xurar voltar o ano que ven. Cos mesmos amigos, coa mesma banda, coa mesma cuadrilla... Demostrando dende o alto do Trega, que a vida vai nun sorbo e o amor vai nun traguiño.

Porque diso vai, no fondo, o Domingo do Monte. De volver. De xurar, De subir ao Trega prendado de alguén... De levar a gaita,o bombo ou a caixa, de cantar ata quedar sen voz e de deixar que a música resoe en Camiña. E cando volvan soar os primeiros versos de Morena por ti, cada un pensará na súa historia. Porque, seguro, que todos temos unha morena a quen dedicarlla.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí