Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Unha merecida homenaxe a Guillermo Vicente de Santiago na súa casa de Pintán (Salcidos - A Guarda)

O acto homenaxe realizado ao pé da súa casa en Pintán foi moi emotivo e sinxelo.

O acto homenaxe realizado ao pé da súa casa en Pintán foi moi emotivo e sinxelo.

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Mayo de 2024

Fuente: Helena Pousa Ortega

O 1 de maio, data da morte de Guillermo Vicente de Santiago en Salcidos (A Guarda), a Comisión pola Recuperación da Memoria  Histórica do Baixo Miño, O Condado e A Louriña e a Asociación guardesa “Xuliva” colocamos na súa casa do barrio de Pintán unha placa en memoria do derradeiro alcalde de Tui na II República, e da súa muller, María Álvarez Fernández. Guillermo Vicente fuxiu de Tui despois de entrar o exército sublevado o 26 de xullo. Desde o Aloia, xunto coa súa dona e outros republicanos, entre os que estaba o seu amigo Antón Alonso Ríos, daquela deputado agrarista no Parlamento español, andou agochado nos montes de Oia e Torroña. Mais, despois de un certo tempo e debido á súa delicada saúde, decidiu ir refuxiarse á casa da familia en Pintán (Salcidos),  e alí permanecer oculto ata que as circunstancias cambiasen. O tempo pasou e nunca puido saír do seu e en circunstancias penosas morreu un 1 de maior de 1940. A súa dona nin sequera puido levalo ao camposanto a enterrar e fíxoo coa axuda doutros familiares no propio alboio da casa, ode permaneceu en secreto ata 1975, data da morte da súa muller. No día do enterramento de María, os restos de Guillermo foron desenterrados e levados ao cemiterio de Salcidos secretamente dentro do cadaleito da súa muller. Hoxe repousan os dous alí xuntos e con nome na lápida.

No acto homenaxe, a pesar de chover a baldes, reuníronse moitas persoas para renderlle unha merecida homenaxe a Guillermo e a súa muller, María Álvarez, tamén do barrio de Pintán, en Salcidos, unha muller valente que soubo aguantar a presión dos falanxistas que ían revisar a casa a cotío para ver se daban con Guillermo. Mesmo a encarceraron en Tui no mes de decembro de 1936 para ver se delataba o paradoiro do seu home, mais xamais llelo confesou. 

O acto homenaxe realizado ao pé da súa casa en Pintán foi moi emotivo e sinxelo. Entre as moitas persoas presentes estaban representantes da Comisión pola Recuperación da Memoria do Campo de Concentración de Camposancos e Fosa de Sestás, así como o alcalde e varios concelleiros do concello de Tui e o alcalde da Guarda.  E o grupo Carballas do Rosal tocou varias pezas ao longo do acto.

Foi presentado por Víctor Bugarín, secretario da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, O Condado e A Louriña. Tamén falou, en primeiro lugar, o alcalde de Tui en representación da cidade onde viviu Guillermo e onde participou na vida municipal despois das eleccións de febreiro do 36 como concelleiro e logo alcalde durante os días aciagos previos ao levantamento militar.

A seguir falou o alcalde da Guarda, tamén convidado ao acto. E finalmente a placa  foi descuberta polo seu grande amigo Antón Alonso Ríos, interpretado polo actor Moncho Leal. O deputado agrarista lembroulles ás persoas presentes como pasaron xuntos aqueles días dos meses de verán, cando o inicio da guerra civil,  e como lograron esconderse dos fascistas que os perseguían atoubándose nos montes de Oia e Tomiño, grazas á axuda de moita xente boa e xenerosa que os acollía na súa casa,  e como se separaron para nunca máis se veren no curro de Torroña.

Despois de descubrir a placa, a comitiva desprazouse ata o cemiterio de Salcidos para facer   unha ofrenda floral no cemiterio diante do nicho onde están enterrados Guillermo e María.  Despois dunhas palabras de Helena Pousa, presidenta da Comisión, as súas netas, Laura e Begoña Vicente, colocaron un ramo en memoria dos seus avós, vítimas do franquismo.

Alén deste recoñecemento público, a Comisión tamén organizou dúas charlas para explicar a súa biografía pouco coñecida. A primeira xa foi martes día 30 de marzo, no salón de plenos do concello da Guarda, e a segunda vai ser o próximo día 9, xoves, en Tui, ás 20:30 na Área Panorámica.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí