Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Unha unidade móbil de doazón de sangue estará en Tomiño o vindeiro 6 de setembro

Como ven sendo habitual, estará situada na rúa Daniel Calzado Poceiro de 10 a 14 e de 16 a 21 horas

Como ven sendo habitual, estará situada na rúa Daniel Calzado Poceiro de 10 a 14 e de 16 a 21 horas

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Agosto de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño acollerá a vindeira semana unha nova xornada de doazón de sangue. Unha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue visitará o concello o próximo martes 6 de setembro para que todas as persoas que o desexen poidan achegar a súa pinga de solidariedade. Como ven sendo habitual, a unidade estará na rúa Daniel Calzado Poceiro en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Para maior axilidade recoméndase pedir cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase o de subministrar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia en función  das súas necesidades.

Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais, na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender aos enfermos que as precisen.

No desenvolvemento do noso traballo resulta imprescindible o apoio de todas as entidades que conforman a nosa sociedade, entre elas os concellos que facilitan a colaboración das súas veciñas e veciños. É importante lembrar que poden doar sangue todas as persoas maiores de 18 anos cun peso mínimo de 50 kg e que se recomenda non acudir a doar se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí