Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Unha véntena de comercios, actividades musicais e infantís conformarán a Feira de Oportunidades de Tui

Celebrarase o sábado 21 e o domingo 22 de marzo no Paseo da Corredoira

Celebrarase o sábado 21 e o domingo 22 de marzo no Paseo da Corredoira

Fecha: 12 de Marzo de 2020

Fuente: Concello de Tui

O paseo da Corredoira de Tui acollerá o sábado 21 e o domingo 22 de marzo, de 10 a 20 h, a Feira de Oportunidades de Tui organizada por ACITUI, a Asociación de Comerciantes de Tui, coa colaboración do Concello de Tui.

Este evento foi presentado este mediodía na casa do concello por Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Ana Mª Núñez, concelleira de Comercio, Juan Carlos Blanco, presidente, Manuel Santos, vicepresidente e Quina González vogal de ACITUI.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, amosou o seu recoñecemento a ACITUI polo traballo que realizan para potenciar o comercio local. Tamén deu conta do traballo que o Concello está a realizar para crear unha contorna urbana máis amable que viabilice e promova o comercio local. Tamén lembro Enrique Cabaleiro que "o comercio forma parte da nosa historia, así foi dende os orixes da cidade e un plus de responsabildiade para todos nós que iso siga sendo así".

A concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, explicou o concello colabora na feira dentro das actividades de impulso e dinamización do comercio local.
Juan Carlos Blanco, presidente de ACITUI, indicou que tras un par de anos volven recuperar este evento que amosará na rúa os produtos dos comercio local, que ao tempo aproveitará para eliminar os stocks.

Quina González foi a encargada de explicar que na Feira de Oportunidades participarán 20 comercios de Tui e da contorna que achegarán produtos de téxtil, calzado, complementos,... tamén haberá un posto de alimentación vegana e estará presente a Protectora de Animais Aloia. Cada comercio ofertará os seus produtos nunha carpa blanca de 3 x 3 metros co que será unha feira máis vistosa. Para darlle tamén un carácter festivo haberá actividades como actuacións musicais, animación infantil, inchables, exposición de coches antigos e a presenza de Mickey e Minnie.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones