Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

UXÍA E NARF E PANDEIROMUS ACTUARÁN NA CORREDOIRA O SÁBADO 15 DE AGOSTO CO GALLO DA V FESTA DO MIÑO

A Romaría en Caldelas, o Descenso, o Festival Gastronómico, e os concertos no Paseo da Corredoira figuran no programa previsto

A Romaría en Caldelas, o Descenso, o Festival Gastronómico, e os concertos no Paseo da Corredoira figuran no programa previsto

Fecha: 08 de Agosto de 2015

Fuente: www.concellotui.org

O vindeiro sábado día 15 de agosto, Tui celebra a V Festa do Miño, onde serán os auténticos protagonistas a Romaría en Caldelas, o Descenso Popular e Internacional do Miño, o Festival Gastronómico e os concertos no Paseo da Corredoira.

O programa previsto comezará ás 12h. coa saída dende o Paseo da Corredoira ata Caldelas, onde se celebrará un xantar campestre a prezos populares. Na Ribeira de Caldelas contarase con animación musical cun dj, así coma coa actuación de grupos folclóricos entre os que se atopa a Agrupación As da Abadía de Caldelas. A continuación terán lugar as probas do Descenso Popular e o XLIV Descenso Internacional do Miño.

A Festa do Miño proseguirá a partir das oito da tarde e até ás 23.30h. no Paseo da Corredoira, co Festival Gastronómico a cargo de nove asociacións culturais organizadoras. Preto de 22 postos presentarán a prezos populares, 1€, 2€ e 3€, produtos da gastronomía galega coma empanada, filloas ou chourizos, entre outros.

E para rematar, a xornada a Festa do Miño conclúe no Paseo da Corredoira con concertos musicais. Actuarán ás 22:30h Uxía e Narf, espectáculo cunha duración de 60 minutos. Ámbolos artistas tocarán pezas do seu primeiro disco en conxunto, "Baladas da Galiza imaxinaria". Trátase dun proxecto que nace logo de viaxes e experiencias noutros continentes.

Deseguida, ás 23.30h tócalle a quenda ao grupo de música tradicional Pandeiromus, concerto que se alongará 90 minutos. As súas melodías son froito da recompilación de historias, cancións e da tradición de Galicia. No seu concerto, as voces dos tres membros de Pandeiromus mestúranse cos sons da pandeireta, da gaita, do pandeiro, das percusións, e mesmo con outros elementos como culleres, botellas ou mesmo latas de carburo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones