Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Uxía Senlle homenaxea en Tui a Begoña Caamaño co concerto -A tecedeira de soños-

A actuación celebrarase este xoves ás 20.00 horas no Espazo Sociocultural de Tui con entrada libre dentro da programación -Tui en letras-

A actuación celebrarase este xoves ás 20.00 horas no Espazo Sociocultural de Tui con entrada libre dentro da programación -Tui en letras-

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Mayo de 2026

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O Espazo Sociocultural de Tui acollerá mañá xoves, 21 de maio, ás 20.00 horas, un concerto moi especial da cantante galega Uxía Senlle. Baixo o título “A tecedeira de soños”, a artista ofrecerá unha proposta íntima e emotiva creada como homenaxe á escritora e xornalista viguesa Begoña Caamaño, protagonista este ano do Día das Letras Galegas.

Acompañada por Sabela da Cal ao acordeón e Rafa Otero ás guitarras, Uxía interpretará un repertorio composto especificamente a partir dos textos e da obra literaria da súa grande amiga Begoña Caamaño, nun espectáculo no que música e literatura se funden nun diálogo cargado de emoción e memoria.

Este Día das Letras Galegas ten para Uxía Senlle un significado especialmente persoal. A artista mantivo unha estreita amizade con Begoña Caamaño e decidiu renderlle tributo desde ese vínculo afectivo, mergullándose nos seus libros e no seu universo literario para crear novas composicións inspiradas na súa palabra e no seu legado.

Uxía Senlle, natural de Sanguiñeda (Mos), é unha das voces máis recoñecidas da música galega contemporánea. Cunha traxectoria de máis de corenta anos, destacou pola divulgación da poesía galega, a renovación da música tradicional e a súa conexión coas culturas lusófonas. Ao longo da súa carreira colaborou con artistas como João Afonso, Dulce Pontes, Rui Veloso ou Tito Paris e participou en múltiples proxectos culturais de referencia como Cantos na Maré, Enredadas ou De tu casa a la mía.

A súa discografía e traxectoria foron recoñecidas con galardóns como o Premio da Crítica Galicia ou o Premio ao Mellor Álbum de Música de Raíz nos Premios da Música Independente de España.

A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade de Tui, Sonsoles Vicente Solla, destacou que esta actuación “é unha ocasión excepcional para achegarnos á voz fermosa e serena de Uxía, que logra unha fusión de música e literatura de enorme calidade e atractivo a través dos poemas e textos da súa amiga Begoña Caamaño”.

O concerto forma parte da programación cultural “Tui en letras”, impulsada polo Concello de Tui, e chega á cidade dentro do programa “Falaredes”, promovido pola Secretaría Xeral da Lingua para fomentar o uso do galego e apoiar a creación artística na nosa lingua.

A entrada será libre ata completar aforo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí