Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

V CERTAME FOTOGRÁFICO VIAXANDO - PRAZO ATA O 30 DE SETEMBRO

Poderán participar mozos e mozas de entre 12 e 35 anos

Fecha: 26 de Septiembre de 2011

Fuente: Información Xuvenil e ASC do R

V CERTAME FOTOGRAFIA VIAXANDO

ORGANIZAN: OFICINAS MUNICIPAIS DE INFORMACIÓN XUVENIL DE BAIONA, GONDOMAR, TOMIÑO, SALCEDA DE CASELAS, A GUARDA, O ROSAL, O PORRIÑO, E A CASA DA XUVENTUDE DE TUI.

 

-          Poderán participar mozos e mozas de entre 12 e 35 anos.

 

-          A temática responderá  ao título do Certame “VIAXANDO”.

 

-          As fotografías poden ser en branco e negro ou cor, presentaranse en papel fotográfico cun tamaño de 18 a 20x24 a 25 e pegadas sobre unha cartolina negra de tamaño DIN A4.

 

-          Cada participante pode presentar unha única fotografía que terá que ser orixinal e inédita.

 

-          A fotografía entregarase en sobre pechado coa indicación VIAXANDO no exterior da mesma. Cada fotografía levará no dorso o pseudónimo do autor/a e, de ser o caso, o título da dita fotografía. Acompañaranse con outro sobre pechado no que figurará novamente o pseudónimo do autor/a recollendo no interior o nome e apelidos, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI.

-          As fotos poderán presentarse nas instalacións de calquera das entidades organizadoras ata o venres 30 de setembro de 2011.

 

-          Con todas as fotografías presentadas realizarase unha exposición itinerante que percorrerá os concellos organizadores, inaugurándose oficialmente na OMIX de Baiona o luns 17  de outubro de 2011 ás 20 horas.

 

-          O xurado estará integrado por membros da organización ou persoas nas que se delegue.

 

-          O fallo do xurado farase público o 10 de outubro de 2011. Difundirase  o fallo nos medios de comunicación así como por teléfono á persoa premiada.

 

-          A fotografía premiada quedará en propiedade do Concello organizador.

 

-          O xurado poderá declarar deserto o premio.

 

-          Concederase un único premio consistente nunha fin de semana para dúas persoas nunha Casa Rural de Galicia, dentro do programa “Outono gastronómico” de Turgalicia.

 

-          A participación no Certame implica a aceptación das bases e das decisións adoptadas polo xurado.

 

A OMIX da Guarda informa da convocatoria do 5º Certame Fotográfico Viaxando

Organizado polas oficinas municipais de información xuvenil de Baiona, Gondomar, Tomiño, Salceda de Caselas, A Guarda, O Rosal, O Porriño, e a Casa da Xuventude de Tui, convocouse o 5º Certame Fotográfico Viaxando no que poderán participar mozos de entre 12 e 35 anos que presenten orixinais que teñan como temática o título do certame “Viaxando”.

As fotografías poden ser en branco e negro ou a cor, presentándose en papel fotográfico cun tamaño de 18 a 20 e 24 a 25 e pegadas sobre unha cartolina negra de tamaño DIN A4.

Cada participante pode presentar unha única fotografía que terá que ser orixinal e inédita.

A fotografía levará no dorso o pseudónimo do autor e, de ser o caso, o título da dita fotografía, entregándose acompañada dun sobre pechado no que figurará o pseudónimo do autor  e no interior o nome e apelidos, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI.

As fotos poderán presentarse nas instalacións de calquera das entidades organizadoras ata o venres 30 de setembro de 2011, entregándose en sobre pechado coa indicación Viaxando no exterior.

Con todas as fotografías presentadas realizarase unha exposición itinerante que percorrerá os concellos organizadores, inaugurándose oficialmente na OMIX de Baiona o luns 17  de outubro de 2011, ás 20 horas.

O xurado, que poderá declarar deserto o premio, estará integrado por membros da organización ou persoas nas que se delegue, facéndose público o fallo o 10 de outubro.

A fotografía premiada quedará en propiedade do Concello organizador, e recibirá como premio unha fin de semana para dúas persoas nunha Casa Rural de Galicia, dentro do programa “Outono gastronómico” de Turgalicia.

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones