Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Valoración do pleno dos Socialistas de Tomiño

O luns 8 de marzo, Día Internacional da Muller, Tomiño celebrou sesión de plenaria ordinaria na que foi referendada a declaración institucional consensuada polos grupos da Corporación

O luns 8 de marzo, Día Internacional da Muller, Tomiño celebrou sesión de plenaria ordinaria na que foi referendada a declaración institucional consensuada polos grupos da Corporación

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Marzo de 2021

Fuente: Socialistas de Tomiño

O luns 8 de marzo, Día Internacional da Muller, Tomiño celebrou sesión de plenaria ordinaria na que foi referendada a declaración institucional consensuada polos grupos da Corporación logo de ter presentadas senllas mocións ao respecto en tempo e forma o PSdeG e PP, e por contra ter renunciado o BNG a facer o propio.

Entre os puntos da Orde do Día, figuraba o expediente de modificación de créditos para o derrubo do edificio onde se construirá a demandada, esperada e futura biblioteca. As concelleiras socialistas Violeta de Santiago e Mirta Misa votaron en contra xa que, se ben comparten a necesidade urxente deste equipamento para o concello, “esa dotación nin pode nin debe ser unha cortina de fume onde se pode esconder calquera escusa para saír nos medios cada certo tempo”, sinalaron. De feito, o voto en contra vén dado porque “a día de hoxe non existe financiamento algún para levar adiante este proxecto e non queremos ver un solar arrasado, no centro da vila, sen data prevista para o inicio da obra”, apuntou a portavoz socialista Violeta de Santiago.

O PSOE tomiñés cualifica de “curioso” o feito de que o Goberno local pretenda buscar fondos na Xunta de Galicia, no Goberno do Estado e tamén no fondo de recuperación europeo "Next Generation", “mesmo cando os nacionalistas en Madrid votaron en contra do decreto que regula a execución dese fondo para a recuperación económica e social e ter asegurado que España e Europa son a ruína de Galicia”. Para as e os socialistas de Tomiño isto é “unha boa mostra da demagoxia, incoherencia e irresponsabilidade do BNG”.

As concelleiras socialistas recoméndanlle ao Goberno “que deixe de manosear a biblioteca” e esíxenlle “que logo de 14 anos prometéndoa en cada campaña electoral sexa un compromiso serio e decidido e non unha postura de cara a galería”.

Violeta de Santiago e Mirta Misa lembraron que hai un ano votaron a favor “de buscar financiamento en todas as administracións, votamos a favor hai dous meses tamén, e volveremos a apoiar ese paso cando sexa preciso, sempre e cando se deixe de xogar cun tema co que estamos especialmente sensibilizadas”.

As e os socialistas tomiñeses consideran que “cun remanente de tesourería de máis de tres millóns de euros, nun momento de fonda crise económica e social e cunha hostalería desangrada e sin ningunha axuda municipal, traer ao Pleno unha modificación de créditos de 75.000 € para un proxecto que ninguén sabe cando será unha realidade, parécenos unha burla ao conxunto da veciñanza” polo que piden “seriedade ao Goberno” ante un tema “de crucial importancia para o presente e o futuro do noso Concello”.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí