Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

VI MINHO REGGAE SPLASH O 4 E 5 DE SETEMBRO EN TOMIÑO

O festival Minho Reggae Splash celebra a súa sexta edición no Espazo Fortaleza do concello de Tomiño

Dous días cheos de obradoiros, conferencias, actividades deportivas e artísticas, espectáculos , feira de artesanía e, por suposto, moito reggae

Fecha: 05 de Septiembre de 2015

Fuente: Minho Reggae Splash


Un ano máis, e xa van seis, o Minho Reggae Splash será o encargado de pechar a tempada de festivais de referencia e farao no Espazo Fortaleza de Goián por terceiro ano consecutivo o 4 e 5 de setembro. Dous días cheos de obradoiros, conferencias, actividades deportivas e artísticas, espectáculos , feira de artesanía e, por suposto, moito reggae. Bandas internacionais e nacionais que converterán novamente ao Baixo Miño no referente do reggae nacional.


O festival Minho Reggae Splash celebra a súa sexta edición no Espazo Fortaleza do concello de Tomiño. Máis de 60.000 metros cadrados de espazo natural ao carón do río, con praia fluvial, zona de descanso, aparcadoiro e todas as facilidades precisas para pasar unha fin de semana gozando da música e das actividades que nos propón a asociación viguesa, que leva traballando a prol deste estilo musical dende hai seis anos.

Poderase gozar dos concertos, de todas as actividades e da zona de acampada por 18 euros. Este é prezo do abono reducido de dous días que dá dereito a participar en todas as actividades e acceso ao recinto de concertos. Aqueles que queiran ir só un dos dous días, poderán facelo por dez euros. O billete tamén poderá adquirirse no propio recinto do festival por 20 euros os dous días.

Dende hai seis anos o Festival Minho Reggae Splash converteuse nunha cita ineludible para os amantes do reggae e dos ritmos xamaicanos. Pero tamén para todos aqueles que lles guste descubrir novas músicas, artistas de calidade e, sobre todo, pasar unha fin de semana inesquecible, polo bo ambiente, a cordialidade e a gran variedade da oferta lúdica e de lecer que ofrecen en todas as súas edicións. Esta non vai ser menos, e o festival cumprirá o seu sexto ano de vida, como un dos festivais de referencia de toda España e do Norte de Portugal.


Actividades para todos os públicos e todas as idades. Unha das características principais do Minho Reggae Splash e a diversidade de público que atrae. Dende os cativos da casa até os máis maiores, aqueles que son uns apaixonados da música como os que queren pasar unha fin de semana diferente. Isto conséguese grazas a variedade e calidade das actividades que se programan, todas elas dirixidas por persoal especializado no ramo e con temáticas innovadoras que non contan cunha difusión maioritaria. 

GOIÁN, CAPITAL DO REGGAE

A Asociación Minho Reggae continúa apostando pola calidade e a innovación á hora de escoller ás bandas que van participar na sexta edición do festival. Músicos chegados de Xamaica, Reino Unido, Brasil e de toda a xeografía española que nos levarán até a esencia do reggae.

Earl Sixteen, unha das lendas vivas do reggae con case medio século riba dos escenarios, será un dos pratos fortes do festival. O xamaicano fará un repaso polos seus últimos traballos, o máis recente " Natty Farming", que gravaba en Santander o pasado ano.


Outro dos grandes nomes do festival é o inglés Prince Jamo que estará acompañado pola banda ucxone All Star. A voz de Prince Jamo é todo un referente no "roots dances" dos últimos anos, tanto que é comparado con Dennis Brown. A súa música lembra ós grandes artistas do roots, aínda que mantén un estilo persoal inconfundible.

Clásicos pero tamén moitos descubrimentos que chegarán da outra marxe do Atlántico con tres bandas brasileiras, os Terra Prometida, Reggae a Semente e Dada Yute & Royal Band. Tres grupos que son referente do reggae independente que se está a facer nos últimos anos en Brasil, con sons moi bailables, mensaxes positivas e conscientes que falan do amor, a paz e a liberdade.

A representación española chegará dende Málaga e Zaragoza, con dúas bandas moi novas pero que xa están dando moito de que falar grazas a súa frescura e innovación e así o demostraron este mesmo verán nos concertos que deron por toda a Península cunha gran acollida. Eles son os Irregular Roots, seis músicos zaragozanos que nos levarán a viaxar até os clásicos da década dos setenta de onde toma a esencia a súa música e os malagueños Malaka Youth, que logo de ser os gañadores do Rototom Reggae Iberian Contest en 2014 no pararon de tocar e producir. En menos de dous anos gravaron dous discos que presentarán esta fin de semana en Tomiño.

A sexta edición do festival Minho Reggae non perde o seu espírito orixinario e volverá a ser unha palestra para o reggae que se está a facer en Galicia con dous nomes que comezan a soar forte como é o caso dos ferroláns Rebel Roots e Iyaman Pablo & Irie Reggae Vibes.


Malia que serán os encargados de pechar a noite do venres e do sábado, poderían encabezar o cartel do VI Minho Reggae Splash: o santanderino Roberto Sánchez, un dos referentes do reggae nacional e a caboverdiana Nish Wadada farannos bailar coas súas escollas musicais no Soundsystem xunto a Pappa Cruz.

Moita música pero tamén espectáculos de rúa con actividades de circo, percusión, obradoiros relacionados coa música, a natureza e o deporte, charlas e encontros cos artistas. O Festival Minho Reggae Splash non só ofrece concertos senón tamén cultura e diversidade e así se demostra na súa programación.

Entreter, divertir pero tamén difundir novas culturas, novas tendencias, concienciar e ampliar os nosos horizontes. Para que o público se somerxa na cultura reggae e en todas as correntes que o rodean haberá obradoiros nos que músicos profesionais darán a coñecer os ritmos tradicionais xamaicanos e africanos dos que naceu este estilo.
Música e tamén baile, con exhibicións de danza africana e tahitiana, que non só poderemos ver senón tamén practicar, para así poder sentir nós mesmos a enerxía que chega alén do Atlántico.
Non faltarán tampouco os espectáculos de circo, que xa son un clásico do festival.
Malabares, pantomima, acrobacias, trucos e bromas nas que tamén o público pasará a ser parte do espectáculo.


Actuacións cheas de sorpresas e orixinalidade, que encherán ao Espazo Fortaleza durante toda a tarde do sábado. Tanto grandes como pequenos poderán gozar dun espectáculo para todas as idades onde as gargalladas están aseguradas. Pero tamén poderemos converternos en clown e pallasos por un día grazas o taller de Artes Circenses onde estes artistas ensinarannos algúns trucos de maxia e malabares ademais de como fabricalos.

A natureza e o deporte centrarán tamén parte das actividades paralelas que se celebren na praia fluvial de Goián durante a fin de semana do 4 e 5 de setembro. Sendeirismo, actividades acuáticas, voleibol, súmanse á oferta do festival e poderán realizarse nas proximidades do recinto. Ademais de coñecer a riqueza paisaxística e natural deste espazo,considerado como zona de Especial Conservación dos Valores Naturais, do río Miño. Para iso nada mellor que o roteiro que se vai realizar pola recentemente estreada senda á beira do río, que une as praias fluviais de Goián e a de Eiras, no Rosal. Un antigo camiño de pescadores recuperado agora con madeira e area que permite percorrer o traxecto tanto a pé como en bicicleta. Tamén teremos a oportunidade de iniciarnos no ioga, práctica que procede da India e que nos permitirá coñecer un pouco máis o noso corpo e a nosa mente na procura dun equilibrio.


Nesta sexta edición ampliamos a programación paralela con charlas. As conferencias versarán sobre temas tan diversos como as identidades oprimidas, a comida macrobiótica ou a riqueza natural da que gozaremos durante a fin de semana.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones