Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

VIII FESTIVAL DE BANDAS VILA DE A GUARDA O 23 DE AGOSTO DE 2014

Actualmente, a Agrupación Musical da Guarda está formada por 55 músicos e dirixida dende os seus inicios por Víctor Luís Alonso Treinta.

Actualmente, a Agrupación Musical da Guarda está formada por 55 músicos e dirixida dende os seus inicios por Víctor Luís Alonso Treinta.

Fecha: 08 de Agosto de 2014

Fuente: Agrupación Musical de A Guarda

BANDA DE MÚSICA POPULAR DE RUBIÓS

Os comezos da Banda de Música Popular de Rubiós datan do ano 1892. Existía un pequeno coro na parroquia e, vendo as facultades musicais dalgúns dos seus compoñentes, foi o párroco D. Evaristo Senra quen se esforzou por conseguir o nacemento dunha Banda de Música.

O primeiro mestre de entrada foi Manuel de Tomás, ó que seguiron varios mestres, tales como D. Juan Novoa, veciño de Rubiós, compositor da tan coñecida muiñeira "Mozos do Penedo" e outras.

Coa declaración da guerra civil española termina a primeira etapa da Banda, xa que quedou sen a maior parte dos seus compoñentes. Ademais, a emigración tamén contribuíu a que durante varios anos a Banda deixara de existir.

No ano 1985, sendo Alcalde do municipio de As Neves D. Oswaldo-Lino González Pereira, acórdase no pleno da Corporación fomentar e axudar ao rexurdir da Banda de Música de Rubiós. Así, pedindo a colaboración veciñal, comezaron a impartirse clases de solfeo, da man de D. Eugenio Fontán, nativo de Rubiós, ás que acudían aqueles que sendo mozos formaran parte de anteriores intentos de recuperar a Banda e tamén un número elevado de mozos e mozas que serían a nova xeración da Banda de Rubiós.

No ano 1987, faise a presentación oficial da Banda de Música Popular de Rubiós no concello de As Neves, baixo a batuta de D. Ramón González "Viceiro", natural de Marín. A finais dese mesmo ano, incorpórase o actual director D. Rafael Pérez Dopeso, natural de Coruxo.

A Banda participou en diversas Convencións e Encontros Musicais, por toda a xeografía galega e portuguesa, participou en varios programas da TVE e da TVG, participou en varias edicións do Certame Provincial de Bandas Populares acadando o terceiro premio na segunda categoría, tamén nos Certames Zonais, en todas as súas edicións, e en varias edicións do Certame Galego de Bandas, acadando no 2010, o premio á mellor interpretación de obra de autoría Galega.

O Director: Rafael Pérez Dopeso

Actualmente compaxina a dirección da Escola de Música Municipal das Neves coa dirección do Conservatorio Profesional de Música Reveriano Soutullo de Ponteareas, no cal é profesor na especialidade de tuba. Tamén é director das Corais, Stª Mª das Neves, San Roque de Vigo e da coral Agarímo de Torneiros, así como director da Banda de Música Popular de Rubiós.


BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE TORROSO
A Banda de Música Xuvenil de Torroso constitúese no ano 1987 por iniciativa do Centro Recreativo e Cultural de Torroso. Inicialmente creouse unha escola de música que contaba con máis dun cento de rapaces e rapazas da zona. Na actualidade conta co abeiro dunha Escola de Música oficial propia con 350 alumnos matriculados.

A Banda de Música Xuvenil de Torroso realiza a súa primeira actuación pública en 1989, baixo a dirección de Francisco Velasco, ex profesor de vento-metal do Conservatorio de Música de Ponteareas. Posteriormente faranse cargo da dirección da mesma José González, Antonio Vázquez Raña (Tocho) e Carlos Tilve González, quen a finais de 2001 deixará a batuta nas mans da actual directora Dona Ángeles Lorenzo Estévez, que ata entón era compoñente desta Banda como frautista.

Leva actuado por toda a xeografía española e portuguesa: Aranda del Duero, Zamora, Ávila, Lisboa, Asturias... e participando en numerosos certames de música populares. Ten feito varios intercambios con distintas agrupacións como a Banda de Música de Arganda del Rey (Madrid) en 2003, a banda de Música de El Tiemblo (Ávila) en 2007, Banda de Música de Madridejos (Toledo) en 2011, Banda de Música de Villaviciosa (Asturias), etc.

En 1995 realizou a súa primeira gravación para a Televisión de Galicia. En 2005 colabora e participa coa "Xove Orquestra Internacional de Galicia" e a "Joven Orquesta Sinfónica de Lisboa".
Participou en diversas edicións do Certame Provincial de Bandas de Música acadando varios premios, entre eles o primeiro premio e mención de honra na súa V edición.. No ano 2006 a Banda de música logrou o terceiro premio no concurso internacional de bandas "Villa de Aranda" (Burgos). Tamén participa na segunda categoría do I e II Certame Zonal organizado pola Deputación de Pontevedra, obtendo un segundo e primeiro premio respectivamente, e no Certame Autonómico na sección segunda, en 2010 donde conseguiu tamén o Segunso Premio.

En xuño do ano 2012, a Banda recibe da man do concello de Mos a "Medalla ao Mérito Cultural".

Na actualidade, a Banda de música conta con máis de 60 músicos con idades abranguidas entre os 10 e os 36 anos.

 

A Directora: Ángeles Lorenzo Estévez


É profesora Superior de Música na especialidade de Frauta Traveseira. Actualmente compaxina a súa angueira como Directora da Banda, co seu traballo de profesora de música en Educación Secundaria no Colexio San José de Cluny (Vigo), e como Directora académica e profesora de frauta traveseira e educación auditiva e vogal na Escola de Música de Mos.


AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA

Por iniciativa de pais e profesores do Conservatorio de Música e do Concello de A Guarda, nace en Novembro de 2001 o proxecto de creación dunha Banda Xuvenil de Música formada por alumnos do Conservatorio. Fai a súa presentación oficial apadriñada pola Agrupación Musical do Rosal o 25 de xuño de 2005, na Praza do Reló de A Guarda, con 44 compoñentes.

Dende a súa creación a Agrupación Musical da Guarda actuou en diversos actos culturais celebrados tanto na Guarda, como na Comarca do Baixo Miño: Encontro Internacional de Corais (ano 2004), Festivais de Santa Cecilia, ciclo de concertos de verán, diversos festivais benéficos, así como en distintas celebracións e festas populares da Comarca. No ano 2007 participa nun Intercambio de Bandas de Música en Pola de Laviana (Asturias), Intercambio de bandas en Ortigueira, II Festival de Bandas "Vila da Guarda" (ano 2008), I Encuentro Nacional de Bandas en Arroyo de la Encomienda (Valladolid), etc.

No ano 2009 participa por primeira vez no Certame Provincial de Bandas, acadando o 2º premio na 3ª categoría (ata 45 músicos). No ano 2010 participa no X Certame Provincial de Bandas conseguindo o 3º premio e no IV Certame Galego de Bandas en Santiago acadando a 4ª posición. En agosto do 2011 grava o seu primeiro CD no Auditorio Municipal de Goián. Créase tamén unha sección infantil que comeza os seus ensaios no mes de xullo actuando por primeira vez en público o 3 de decembro durante a celebración da festividade de Santa Cecilia. A banda infantil componse de 31 músicos e a súa dirección está a cargo do profesor J. Antonio Soutelo Muñoz. En 2014 participa no programa Luar da Televisión de Galicia.

Actualmente, a Agrupación Musical da Guarda está formada por 55 músicos e dirixida dende os seus inicios por Víctor Luís Alonso Treinta.

O Director: Víctor Luís Alonso Treinta


É profesor de trompeta no Conservatorio Profesional de Música de Tui, profesor de vento-metal no Conservatorio de Música de A Guarda e director da Banda de Música Agrupación Musical Da Guarda

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones