Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

VIKINGLAND, DO GUARDÉS XURXO CHIRRO, VENCE EN PLAY-DOC 2012

O director Xurxo Chirro agradeceu o premio de 5.000 euros á súa produtora Beli Martínez e ao protagonista da cinta, Luís Lomba -O Haia-, -pola súa xenerosidade-

Fecha: 26 de Marzo de 2012

Fuente: www.play-doc.com

O director Xurxo Chirro agradeceu o premio de 5.000 euros á súa produtora Beli Martínez e ao protagonista da cinta, Luís Lomba -O Haia-, -pola súa xenerosidade-

O guardés Xurxo Chirro é o vencedor da sección oficial da oitava edición de Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui. Carlos Muguiro, presidente do xurado internacional, composto tamén polos críticos e programadores Pamela Cohn e Nicolas Azalbert; foi o encargado de realizar a lectura do fallo do galardón, acompañado polos directores do festival, Ángel Sánchez e Sara García; e polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e a súa concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez.


Muguiro expuxo as seguinte razóns para elixir Vikingland: "Queremos premiar unha película que crea profundas reverberacións emocionais entre o protagonista e o cineasta, nun intervalo de 20 anos e nun sorprendente acto de xenerosidade. É unha película na que o protagonista mostra ao cineasta o camiño para descubrir a súa voz propia".
Un emocionado Xurxo Chirro recolleu o premio, consistente nunha estatuíña de pedra e 5.000 euros, entre calorosos aplausos, e agradecendo ao festival e ao xurado que apostasen polo seu filme.


"Xa dixen ao presentala que era unha película especial e singular, cun complicado consenso en públicos e xurados", explicou; remitíndose á súa selección en Marsella, Jhilava, Xixón ou FICUNAM, festivais nos que foi ben recibida pola crítica sen acadar premios. Feliz de que por fin chegara este recoñecemento, agradeceu o galardón á súa produtora Beli Martínez: "a persoa que máis me axudou nesta travesía", comentou. Tamén quixo recordar que "o inicio de todo está en Luís Lomba 'O Haia'", do que destacou "a súa xenerosidade".


'O Haia' é o mariño mercante que protagoniza a película, feita a base de cintas recuperadas dunha videocámara coa que gravou durante máis dun ano a súa rutina embarcado. A metraxe, ordenada por Chirro lixeiramente inspirado en Moby Dick, móstrase como un documento esencial da diáspora galega, e como retrato preciso do mundo do traballo no mar.


Con este premio, Play-Doc revalida a súa aposta por incluír filmes galegos na sección a competición internacional. Esta decisión tomouse no pasado ano por vez primeira con Todos vós sodes capitáns, do galego Oliver Laxe, vencedor da edición de 2011.


A un día de finalizar, todo parece indicar que se manterán as cifras de asistencia do pasado ano, con máis de 5.000 espectadores nunha selección máis reducida, o que se pode ver en realidade como un aumento nas cifras, cunha media de non menos de 300 butacas ocupadas por sesión.


Máis información en www.play-doc.com

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones