Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

VILANOVA DE CERVEIRA DISFRUTOU DUN FIN DE SEMANA MÁXICO CO MINHO REGGAE SPLASH 2011

Un Festival que chegou este ano á súa segunda edición

Fecha: 11 de Julio de 2011

Fuente: Infomiño.com

Durante o 9 e 10 de Xullo, Vilanova de Cerveira acolleu as distintas actividades enmarcadas na Segunda edición do Minho Reggae Splash 2011, un Festival de Música Reggae que congregou a centos de "reggae-adictos".

O festival comezaba o 9 de Xullo na Praia da Lenta ó lado da zona de acampada habilitada pola organización e onde actuaron os grupos Só Matutos, Meninos Carentes, Sauko B & One y Sound System, aínda que a climatoloxía non acompañaba, foron moitos os que xa se asentaron en Vilanova d eCerveira neste primeiro día de Festival.

O Sábado 10 de Xullo, día grande do Festival, realizáronse numerosas actividades ó longo do día, no Terreiro tivo lugar a actuación do Circo Minho Reggae, con Pajarito, Jano e Circo Escarranchado, unha actuación que foi seguida por numerosos asistentes que encheron o recinto ó aire libre. De seguido o grupo afro-galego Khaleye Diamono facía á súa actuación acompañados da bailarina Cristina Malvarez e o seu equipo. Finalmente o Bloquinho da Salgueira, un grupo con moitos anos de  de experiencia en percusión, samba-reggae e afro-baiano, daba o punto e final ás actuacións no terreiro, faendo un pasarrúas ata o Parque do Castelinho nas beiras do Río Minho onse proseguíronse coas actividades Workshops.

Os Workshops celebrados no Parque do Castelinho comezaron coa Danza Africana e rápidamente un bó grupo de persoas se animaron a participar nesta actividade.

Xa pola noite, daba comezo a cita gran esperada, os concertos no Auditorio Municipal de Vilanova de Cerveira, o primeiro grupo en subir ó escenario foron os Brasileiros "Rutera", cos cales o público asistente comezou a envolverse na música reggae.

O segundo grupo en actuar foron os portugueses "One Love Family", quenes fixeron un perfecto directo e o público soubo entregarlles o que se merecían bailando durante toda a actuación, cargados das vibracións positivas e da súa música de paz.

En terceiro lugar subíu ó escenario o grupo madrileño "Emeterians", un grupo que conta con 10 músicos de gran calidade e que próximamente lanzarán o seu terceiro traballo discográfico.

Xa para finalizar o londinense "Bhámule Sound" chegaba ó escenario con unha gran experiencia no Dub e ofertandoós asistentes ó mellor do reggae.

Trala finalización desta actuación a festa continuou ata ben entrada a madrugada con "Sound System" na Praia da Lenta, para por o broche e final a este gran Minho Reggae Splash 2011.

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEOS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí