Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Violeta de Santiago comprométese a -abrir as portas do Concello de Tomiño á veciñanza- a partir do 28M

O proxecto socialista pon a defensa da Sanidade pública como prioridade e aborda o saneamento, o transporte interparroquial e o fomento de políticas empresariais, turísticas e culturais

O proxecto socialista pon a defensa da Sanidade pública como prioridade e aborda o saneamento, o transporte interparroquial e o fomento de políticas empresariais, turísticas e culturais

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Abril de 2023

Fuente: Socialistas de Tomiño

O PSdeG-PSOE estreou sede en Tomiño, nun lugar moi céntrico na rúa Gondomar, cun acto que serviu tamén para presentar a candidatura coa que Violeta de Santiago concorrerá ás Eleccións Municipais. Ao acto sumáronse a presidenta do partido, Carmela Silva, e o secretario xeral provincial, David Regades, que auguraron que o Partido Socialista vai medrar “e moito” nesta próxima cita electoral.

Violeta de Santiago recalcou que o Partido Socialista é o único que leva presentándose 40 anos ás Eleccións Municipais “poñéndose á fronte, con homes e mellores que deron a cara para intentar mellorar a vida das persoas”. Afirmou que a nova  sede é “algo máis, pois é un lugar para falar, para debater, escoitar, reflexionar e actuar, unha Casa do Pobo”.

A candidata afirmou que encabeza a mellor lista para afrontar o futuro de Tomiño. Volve estar acompañada, como número 2 por Mirta Misa, ex-directora do colexio de Goián. En terceiro lugar figura Juan Fernández, ex-presidente da Comisión de Festas de Amorín; no cuarto posto Óscar Portas, veciño de Goián e persoa vinculada ao deporte base e no quinto lugar Ángela Estévez, porteira no equipo feminino do Tomiño.

Reivindicou o labor de oposición construtiva despregado polo Partido Socialista no últimos catro anos. “Foi unha oposición seria, rigorosa, firme e leal, palabras que lle quedan moi grandes ao Goberno local”. Neste tempo o PSOE presentou 25 mocións e case 200 preguntas e rogos aos plenos municipais e viu como o Partido Popular se dedicaba a “botala sesta e copiar sen pudor as propostas socialistas”. A práctica totalidade desas propostas foron froito do contacto directo coa veciñanza e un intento de trasladar a voz do pobo ao debate municipal. “Estou moi orgullosa do noso traballo porque pelexamos para que Tomiño tivese un goberno local un pouco menos prepotente, un goberno que escoite e dea solucións ás demandas da xente”, concluíu.

Violeta de Santiago comprometeuse a abrir portas e ventás do Concello ao día seguinte do 28 de maio “igual que fixo Carmela Silva na Deputación, para que entre aire fresco, novas ideas, a ilusión e os proxectos”.

A defensa da Sanidade pública será un dos piares centrais do programa socialista. Denunciou que o Goberno local púxose de perfil e tivo que ser o Partido Socialista o que levase o peso da mobilización social e da posta en marcha da Plataforma. Os froitos chegaron coa apertura do consultorio de Goián, un éxito que non corresponde ao Goberno municipal “por moito que intenten atribuírse os méritos sen ter feito nada; un éxito que é da veciñanza e dos que estivemos con ela”.

Violeta denunciou que as parroquias continúan sen saneamento e mesmo se está a utilizar a dotación deste servizo como ferramenta de desigualdade entre a veciñanza dependendo de onde vivan. “Unha inxustiza coa que hai que rematar xa, porque hai fondos para saneamento da Deputación e tamén fondos europeos para este fin”.

Reclamou a posta en marcha dun punto limpo. “Perdín a conta das veces que levamos demandado. Somos máis de 14.000 habitantes e seguimos sen poder xestionar e reciclar os nosos residuos correctamente”. Tamén apuntou a necesidade dun transporte interparroquial “que é unha necesidade urxente nun concello tan disperso como o noso, no que hai dificultades para que as persoas se acheguen ao centro”. Ademais, lamentou a falta de políticas de vivenda “porque hai un serio problema no acceso á primeira vivenda e este Goberno local recoñece que non fixo nada en 16 anos”. Afirmou que precísase impulsar a vivenda protexida e rehabilitar vivendas para dar solucións habitacionais en situacións de emerxencia social. “Está aprobándose unha Lei de Vivenda estatal que cambia o marco e Tomiño ten que seguir o paso”.

Violeta de Santiago demandou políticas de emprego para desenvolver solo industrial e políticas de fomento do turismo que sitúen a Tomiño como líder do turismo sostible e unha peza relevante do Camiño de Santiago do norte. Finalmente, apostou por unha cultura descentralizada por todas e cada unha das parroquias que enriquezan a vida social de toda a veciñanza.

O secretario xeral provincial, David Regades, recordou que o proxecto socialista xa avanzou nas últimas Eleccións Municipais e amosouse convencido de que o próximo mes de maio, a papeleta que encabeza Violeta de Santiago volverá ser o que máis medre gracias ao intenso traballo despregado nestes últimos catro anos e á implicación social das mulleres e homes que compoñen a candidatura.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí