Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Violeta de Santiago pon o saneamento no centro dos seus compromisos coa cidadanía de Tomiño

Falou de emprego da necesidade de impulsar políticas de emprego , para os mozos, as mulleres e os parados de longa duración, de axuda os emprendedores, a creación de Obradoiros de Emprego, é a necesidade de crear chan Industrial.

Falou de emprego da necesidade de impulsar políticas de emprego , para os mozos, as mulleres e os parados de longa duración, de axuda os emprendedores, a creación de Obradoiros de Emprego, é a necesidade de crear chan Industrial.

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Mayo de 2023

Fuente: Socialistas de Tomiño

O Domingo 21 as 12 do mediodía, no Hotel Nova Colina o Psdg-Psoe celebrou o seu mitin en Tomiño centro.

Abriu o acto das Candidatas por Tomiño Loli Granja, que falou das necesidades que teñen os veciños que viven no centro.

Seguidamente Ricardo Candendo, que ocupa o número 6 na candidatura desgranou o que para os socialistas é un punto esencial no seu programa: O coidado e conservación do medio ambiente e a conciezación ecolóxica. Tamén salientou Candendo, o desfase que hai entre o centro e as parroquias no uso das novas tecnoloxías . Mentres  no centro non hai problemas, nalgunhas parroquias non teñen nin cobertura para chasmadas.

Tamén subiu a palestra,  Alfonso Lorenzo candidato e director do colexio Pedro Caselles, que nos desgranou as deficiencias en educación e transporte. Necesidadesreais e acuciantes pero das que non se fala.

Seguidamente falou Pilar Cancela, Secretaria de estado e Cooperación do Ministerio de Exteriores, que tamén pertenece a Executiva Federal do Partido Socialista; e que sabe moi ben o que é facer política municipal.

Orgullosas de ser Socialistas e que aquí estamos dende hai mais de 140 anos e sen disimular ou ocultar as nosas siglas.

Neste tempo convulso que vivimos non podemos esquecer que o local é global e a importancia das persoas de todas e cada unha. Facemos política para que ninguén quede atrás.

Pechou o acto a candidata á Alcaldía VIOLETA de Santiago que desgranou todos e cada un dos puntos do ambicioso programa para Tomiño.

Falou de saneamento, porque no ano 2023 hai parroquias que seguen sin el (prometido cada campaña unha e outra vez)

Falou de emprego da necesidade de impulsar políticas de emprego , para os mozos, as mulleres e os parados de longa duración, de axuda os emprendedores, a creación de Obradoiros de Emprego, é a necesidade de crear chan Industrial. Tomiño necesita un Polígono Industrial, dixo a candidata, e temos o compromiso de David Regades (delegado de zona franca) con Tomiño para levalo adiante. Tamén falounos de Vivenda, porque non se fixo nada en vivenda durante estes 16 anos de goberno nacionalista.

Da creación dun CIM, que seguimos sen ter.

De cultura, Tomiño é un Concello cheo de talento, de artistas e non conta nin siquera cun museo, nin cunha sala onde expoñer arte. Incomprensiblemente este goberno acabou  coa MOSTRA DE PINTURA E ESCULTURA  das festas do Alivio.

Cultura polas parroquias .A cultura ten que ser universal e todos temos que ter acceso a ela. Sobre todo os que  menosten. E neste concello, a cultura nin chega as parroquias e hai que pagala.

Transporte, algo hai que facer para arranxar a mobilidadesostible. Bonos-Taxi para que os veciños se poidan achegar ao Centro para realizar todo o necesario que non chega a parroquia.

Turismo temos moito potencial, as fortalezas,  o río miño e a sua ribeira, as praias , o romanico, rutas de senderismo, os muños a Pedra furada  a gastronomía os nosos viñedos etc etc..

Centro de desenvolvemento rural. Iniciar todas as xestións e facer un gran parque de ocio e lecer, para o que xa temos a ubicación e proxecto.

Pero o mais importante é atender as persoas . Facer un Tomiño para a Xente. Abrir o Concello para que entre aire fresco e outro xeito de gobernar sexa posible.

Onde se escoiten os problemas reais da cidadanía. E porque todas e todos queremos un Tomiño onde sentirnos a gusto, sen importar se vives nos núcleos urbáns ou nas parroquias, que son as grandes esquecidas.

Rematou  a  intervención con palabras de agradecemento as e os compañeiros de Candidatura , todas elas e eles, dixo, teñen a mesma ilusión, mellorar en tódolos aspectos a vida dos TOMIÑESES. Grazas a todas e todos por acudir.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí