Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Violeta de Santiago presenta a súa candidatura á Alcaldía nun acto moi concorrido e con ambiente optimista: -Vai haber un xiro enorme en Tomiño-

A número 1 do PSdeG-PSOE local recibe o apoio da veciñanza de Tomiño, militantes do Baixo Miño e cargos socialistas

Abel Caballero, Carmela Silva e David Regades arroupan á candidata

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Septiembre de 2022

Fuente: PSdeG-PSOE Pontevedra

O PSdeG-PSOE presentou á súa candidata á Alcaldía de Tomiño nun concorrido xantar celebrado este sábado na localidade do Baixo Miño. Violeta de Santiago, que repetirá como aspirante á Alcaldía catro anos despois e con claras expectativas de crecemento, recibiu o apoio de moitos veciños/as, representantes da sociedade tomiñesa e da militancia do Baixo Miño, ademais de cargos públicos como o alcalde de Vigo, Abel Caballero; a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o secretario xeral provincial, David Regades. Tamén asistiron as deputadas Ángeles Marra, Olga Alonso e Leticia Gallego. A última hora, por unha indisposición, non puido acudir o secretario xeral do PSdeG, Valentín Formoso.

“En Tomiño vai haber un xiro enorme. A partir do próximo 28 de maio de 2023 vai haber outro xeito de gobernar”. As palabras de Rubén Muñoz, membro da Executiva local preludiaron a intervención dunha Violeta Costa que prometeu continuar traballando por Tomiño e a súa xente, como demostran as 20 mocións e as innumerables preguntas presentadas ao Pleno nestes tres anos e medio, “iniciativas todas elas en positivo e que foron desbotadas con arrogancia”. Costa garantiu que o próximo Goberno municipal de Tomiño será moito máis transparente, con máis calidade democrática e moita, moita máis capacidade de diálogo que o actual. “Que ninguén agarde de nós ameazas, como sucede agora”. “Defendemos un proxecto político baseado na igualdade e na transformación da vida das persoas, vivan onde vivan e voten a quen voten”, afirmou.

A candidata socialista amosouse orgullosa de ter estado sempre ao lado da xente e reivindicou a iniciativa, que o PSdeG-PSOE tivo en solitario, despois de non recibir apoio na Corporación municipal, para a creación da Plataforma da Sanidade Pública. Así anunciou que traballará para a creación dun punto limpo, dun Centro de Información á Muller, dun Centro Social para a terceira idade e un local de ensaio para a mocidade. Tamén se comprometeu a pelexar para que haxa máis investimento en saneamento e outras cuestións que seguen pendentes. Aproveitando a presencia de Carmela Silva agradeceulle a apertura da Biblioteca municipal, un tema do que as/os socialistas locais fixeron bandeira.

Abel Caballero destacou que “Tomiño é o noso partido, porque somos o partido da xente; igual que Vigo é o noso partido, ou Tui, ou A Guarda”. “Os proxectos políticos transmítense con corazón e, se fai falta, bailando break dance; pero tamén se defenden baixando o IVE do gas, topando a tarifa eléctrica ou conseguindo, como fixo Pedro Sánchez, miles de millóns de euros de Europa, que agora están chegando a tódolos concellos”.

Carmela Silva vaticinou un “excelente resultado de Violeta Costa nas próximas Municipais” “porque os concellos están nas mellores mans cando os gobernamos nós; por iso gobernamos a 600.000 das 900.000 persoas desta provincia”. “Non teño ningunha dúbida de que en Tomiño imos mellorar, pero tampouco a teño de que imos a por todas nas próximas Municipais. Pero non porque queiramos máis poder, senón porque non podemos permitir que se pare a transformación desta provincia. Non hai máis que subir a un coche e comprobar de quen son os carteis de obras e servizos que hai por todas partes. De quen? Da Deputación, por suposto”. En contraposición puxo a unha Xunta de Galicia “de caciques” que só inviste nos concellos do Partido Popular.

David Regades puxo moi en valor o labor de Violeta de Santiago e Mirta Misa, concelleiras socialistas en Tomiño durante este mandato municipal: “Non é nada doado facer oposición a un partido que di ser de esquerdas, pero que aquí, en Tomiño, non se comporta como un partido de esquerdas”. Lembrou que hai tres anos e medio o PSdeG-PSOE subiu un 65% en Tomiño e ese crecemento continuará en maio próximo. Un crecemento amparado na credibilidade dun traballo das dúas concelleiras socialistas e tódolos membros da Agrupación local que pasou por loitar pola sanidade e estar sempre ao lado da xente.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí