Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Volta a Romaría aos Muíños do Tripes

Os asistentes poderán degustar as tradicionais papas de millo mentres gozan da música ao vivo nun enclave único na ladeira do Monte Aloia.

Os asistentes poderán degustar as tradicionais papas de millo mentres gozan da música ao vivo nun enclave único na ladeira do Monte Aloia.

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Abril de 2022

Fuente: Asoc Muiños do Tripes

O vindeiro domingo 1 de maio, a Asociación de Muiñeiros do río Tripes de Tui, retoma a súa tradicional romaría "Os nosos fariñeiros, burros e muíños", na que os burros volverán a percorrer as corredoiras en dirección aos muíños que estarán en funcionamento durante toda a xornada.

Tras dous anos de obrigada espera debido á pandemia, celebrarase a edición número 19 desta romaría na que se fai exaltación da cultura muiñeira e do entorno dos muíños do Tripes. Os asistentes poderán degustar as tradicionais papas de millo mentres gozan da música ao vivo nun enclave único na ladeira do Monte Aloia.

O pregón desta edición corre a cargo de Suso Vila (Doutor en Historia do Arte) no que abordará a importancia histórica dos muíños na evolución social e económica da cidade de Tui.

Posteriormente, Alberto Romero "Romer" (recentemente galardoado co Premio Cidade de Tui), impartirá unha charla etnográfica sobre a evolución dos muíños dende a prehistoria ate os nosos días.

Durante toda a xornada haberá xogos populares, sorteo de agasallos, postos de artesanía e tres muíños en funcionamento. Antes do xantar campestre, o grupo de música tradicional "Os folieiros (con Luís Caruncho)" realizarán unha actuación como paso previo ao serán que terá lugar durante a tarde.


Toda a información en: https://muineirosdotripes.blogspot.com/p/xix-romaria-os-nosos-farineirosburros.html

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí