Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Volta Medrando en Familia con novas propostas educativas e lúdicas en Tomiño

A programación 2020 arranca este sábado co obradoiro -Osixénate. Como respirar axeitadamente e as súas vantaxes-

A programación 2020 arranca este sábado co obradoiro -Osixénate. Como respirar axeitadamente e as súas vantaxes-

Fecha: 11 de Marzo de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

Volta o programa "Medrando en Familia", un programa socio-educativo para previr situacións de marxinación social que chega á súa 3ª edición. Charlas, obradoiros e encontros sobre diferentes temáticas relacionadas coa crianza dos fillos e fillas.

A programación 2020 arranca este sábado co obradoiro "Osixénate. Como respirar axeitadamente e as súas vantaxes", pensado para crianzas de 3 a 5 anos acompañados polos seus proxenitores e proxenitoras. Logopedas especializadas serán as encargadas desta actividade en familia, na que ensinarán identificar as causas dunha mala respiración e as consecuencias; como detectalas durante o día e a noite, e melloralas.

A actividade será ás 12.00h, no Salón de Plenos do Concello.

O mércores 15 de abril ás 17.30h. celebrarase o encontro "Entendendo as rabechas. Dar autonomía, conectar e re-dirixir", Será tamén no Salón de Plenos do Concello e haberá servizo de canguros (é preciso inscribirse).

O venres 8 de maio ás 19.30h. haberá unha conferencia "Os dez erros máis comúns na educación dos nosos fillos e fillas" a cargo de Toni García Arias, nomeado Mellor docente de Primaria de España do 2018 Educa, e nomeado aos Global Teacher Prize 2020. Esta conferencia será a que dea contido e forma ao que se considerará o acto de clausura da 1ª promoción de familias usuarias do Medrando en Familia. Será no Auditorio de Goián e haberá servizo de canguros (é preciso inscribirse).

Por último, organízanse os xa tradicionais obradoiros Medrando co meu bebé (de 0 a 6 meses, e de 6 a 12 meses); Medrando e xogando (de 12 a 18 meses) e Xogando e descubrindo (de 18 a 36 meses).
Para máis informacións, dirixirse ao Servizo de Educación e Apoio Familiar (rúa Bos Aires, 4) ou chamar ao 986 622 001.
Inscribirse a través de internet (https://tomino.gal/benestar-e-igualdade/#info ).

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones