Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

X aniversario do lume Oia - O Rosal 2013-2023

Hoxe en día non só temos que estar pendentes dos lumes que podan vir, senón tamén existen outras actividades que atanen perigo constante para os nosos ecosistemas, como son: os proxectos eólicos, a fauna e flora alóctona, centrais reversibles de auga, min

Hoxe en día non só temos que estar pendentes dos lumes que podan vir, senón tamén existen outras actividades que atanen perigo constante para os nosos ecosistemas, como son: os proxectos eólicos, a fauna e flora alóctona, centrais reversibles de auga, min

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Agosto de 2023

Fuente: A Jalleira

O pasado día 26 de agosto cumpriuse 1 década dende que ardeu o Val do Carballas (Tamuxe), Oia – O Rosal, onde foron devoradas máis de 2.000 hectáreas entre a Serra da Groba e a Serra do Argallo, cunhas condicións extremas endexamais vistas na nosa contorna ata os lumes avivados polo furacán Ophelia en outubro de 2017.

Esta foi unha das faíscas que precipitaron a creación da nosa asociación A Jalleira, cos obxectivos entre outros de fomentar e promover o estudo e coñecemento do noso entorno natural así como a súa conservación e restauración a través de distintas actividades: voluntariados de limpeza e plantación, proxeccións audiovisuais, xornadas forestais, saídas (xeolóxicas, botánicas, micolóxicas...) , cursos de diferente índole, campañas de concienciación, etc...

Pasados 10 anos deste fatídico 26 de agosto de 2013 e grazas ás magníficas condicións da nosa contorna (factores climatolóxicos, factores topográficos, características especiais do material vexetal natural, características físicas, químicas e biolóxicas do solo), podemos observar unha evolución favorable das especies vexetais, tamén observamos melloras na nosa fauna como por exemplo a proliferación do corzo (Capreolus capreolus) na zona, ausente nas nosas serras durante décadas.

Se ben a política forestal pública Galega non termina de mudar, si se está promovendo un cambio no noso ámbito grazas ao traballo das diferentes CMVMC, á veciñanza, ás diferentes asociacións medioambientais, plataformas e distintos colectivos da nosa contorna que debe ser o modelo a seguir por parte das administracións públicas para mellorar o entorno natural.

Hoxe en día non só temos que estar pendentes dos lumes que podan vir, senón tamén existen outras actividades que atanen perigo constante para os nosos ecosistemas, como son: os proxectos eólicos, a fauna e flora alóctona, centrais reversibles de auga, minaría, diferentes tipos de contaminantes, etc...

Dende aquí animamos á xente a que participe na mellora da nosa contorna, colaborando cos diferentes colectivos que enriquecen e protexen a natureza e o patrimonio para poder paliar a pegada do ser humano no medio natural, co obxectivo de que as nosas futuras xeracións poidan gozalo e aproveitalo, canto menos, da mesma forma ca nós.


Se ves lume chama ao teléfono gratuíto 085.


Saúde e monte!!


Asociación Forestal e de Educación Ambiental, A Jalleira

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí