Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Xa se pode solicitar cita previa para o Punto Limpo a través da web do Concello do Rosal

O Rosal manterá a cita previa ata novo aviso para evitar aglomeracións e garantir a seguridade de veciñanza e persoal municipal

O Rosal manterá a cita previa ata novo aviso para evitar aglomeracións e garantir a seguridade de veciñanza e persoal municipal

Fecha: 07 de Julio de 2020

Fuente: Concello do Rosal

Malia ter rematado o estado de alarma e reabrirse o libre movemento de persoas polo territorio, o único xeito de poder garantir o distanciamento social e evitar aglomeracións nos distintos lugares é establecendo aforos limitados ou atendendo nos distintos servizos municipais con cita previa. A cita previa, ademais de ser unha ferramenta para evitar o risco de contaxio para a veciñanza e o propio persoal pola confluencia de xente nun mesmo lugar, supón unha vantaxe para as persoas usuarias dos servizos municipais xa que evita aglomeracións, que teñan que facer cola e botar demasiado tempo no exterior das instalacións agardando ata ser atendidas.

Por estes motivos, e tendo en conta que a prioridade nestes intres é a de tomar as medidas pertinentes marcadas polas autoridades competentes para evitar os contaxios, o Punto Limpo do Rosal seguirá funcionando con cita previa ata novo aviso. Co obxectivo de dar facilidades a todos os rosaleiros e rosaleiras, as persoas interesadas en depositar residuos no Punto Limpo xa poden solicitar a súa cita a través da web do Concello premendo aquí ou a través do apartado Medio Ambiente do menú principal da páxina, pinchando en ‘Cita Previa Punto Limpo'.

O procedemento será tan sinxelo como darlle ao botón ‘Cita previa', seleccionar o día e a hora que máis conveña para facer a entrega de residuos, cubrir os datos e indicar a tipoloxía de residuos a entregar e a cantidade en capachos que se leva de cada un deles. Neste mesmo apartado poderase atopar as indicacións para o uso das instalacións, como o límite máximo admitido para algúns dos residuos.

Tamén se pode seguir solicitando cita previa chamando ao teléfono 986 625 000 extensión 3002.

Responsabilidade
Coa finalidade de axilizar este servizo, cada persoa disporá de 15 minutos para depositar os seus residuos no lugar apropiado. Para evitar que o resto de usuarios teñan que agardar mais alá da súa quenda e minimizar a interacción co persoal municipal, os residuos deben ir debidamente separados por tipoloxías (madeira, chatarra, plástico, etc.) e ser depositados no colector correspondente.

Prégase ás persoas puntualidade á hora de acudir a súa cita e que agarden fóra das instalacións ata ser atendidos polo persoal encargado do Punto Limpo. No caso de non acudir na data e hora concertadas perderase a cita.

Pola saúde de todas e todos é momento de ser responsables e seguir extremando as medidas de prevención establecidas polas autoridades sanitarias para evitar rebrotes e contaxios. Así, prégase a todas as persoas que empreguen o servizo que manteñan todas as medidas de seguridade, agardando fóra das instalacións a que o persoal municipal lle indique que pode pasar, desinfectando as mans ou as luvas que leven co xel desinfectante á entrada, mantendo as distancias de seguridade e empregando máscara para maior protección.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí