Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Xantar Solidario de SOS Tomiño-Baixo Miño no Concello do Rosal

Esta asociación, que leva traballando 14 anos na comarca, celebra este xantar cada ano, agás durante os anos da pandemia derivada da COVID.

Esta asociación, que leva traballando 14 anos na comarca, celebra este xantar cada ano, agás durante os anos da pandemia derivada da COVID.

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Junio de 2023

Fuente: SOS Tomiño - Baixo Miño

A Asociación SOS Tomiño- Baixo Miño celebrou o seu Xantar Solidario 2023, o domingo día 11, ao que asistiron máis de duascentas persoas. Esta asociación, que leva traballando 14 anos na comarca, celebra este xantar cada ano, agás durante os anos da pandemia derivada da COVID. 

O Xantar tivo lugar na nova Praza do Calvario, no Rosal, e a súa alcaldesa,  Ánxela Fernández, deu a benvida aos presentes e lembrou a todos, o importante traballo que esta asociación fai “para acadar o benestar social da veciñanza desta comarca”. 

Tamén asistiron representantes de todos os concellos onde traballa a Asociación SOS Tomiño Baixo Miño, agás do Concello de Oia. Estaban presentes representantes dos Concellos do Rosal, de Tomiño e de Tui.  

Iniciouse coas palabras da Secretaria da Asociación, Reyes Cebada, que explicou o motivo do Xantar. “Trátase, por unha parte, de agradecer o traballo dos voluntarios e voluntarias que traballan todo ano de forma desinteresada e anónima. Por outra parte, agradecer aos colaboradores que doan alimentos, diñeiro ou traballos que fan de balde  

O traballo desta Asociación comezou hai catorce e, coma dixo o seu presidente José Quinteiro,  quen recordou que “xa teñen entregados máis de dous millóns de kilos de alimentos e teñen sido atendidas 770 familias, nos concellos de Tomiño, Tui, O Rosal e Oia”.  

Despois tomou a palabra  o presidente do Banco de Alimentos de Vigo, Iván Martínez, quen destacou a labor que a asociación fai e “o traballo estreito e a colaboración que hai entre ambas entidades”.  

Asistiu o presidente do Rotary Club Valença, quen recentemente premiou a esta asociación pola súa labor e representantes doutras asociacións da comarca coma Érguete Baixo Miño e Conrazones.  

Os colaboradores recibiron un agasallo feito especialmente para ese Xantar pola Asociación Avelaíña da Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí