Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Xornada sobre enerxías renovables este sábado en Oia

Sábado 9 de setembro dende as 10:30h na Casa Forestal de Santa María de Oia

Sábado 9 de setembro dende as 10:30h na Casa Forestal de Santa María de Oia

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Septiembre de 2023

Fuente: Plataforma Turonio

A Plataforma Turonio organiza este sábado 9 de setembro a xornada "Enerxías renovables. A eólica en Galicia. Realidade e futuro”, a cal se desenvolverá na Casa Forestal de Santa María de Oia con programación en horario de mañá e de tarde.

 

A iniciativa concíbese como unha xornada de intercambio de experiencias e de reafirmación nas posicións en contra do proceso de depredación eólica que está a vivir Galicia. A través de diferentes intervencións e mesas redondas, persoas vinculadas ao mundo da investigación, o asociacionismo e o activismo ambiental e cultural compartirán as súas achegas.

 

A xornada comezará as 10.30 horas na Casa Forestal de Valdarca (Santa María de Oia)* e a asistencia é libre e de balde. A programación inclúe a celebración dun xantar comunal, para o que cada persoa asistente deberá levar a súa propia comida e bebida.

 

*Coord. da Casa Forestal: GPS: 41.9993 N, -8.8559 O (41º59'57" N, 8º51'21" O).

 

 

DETALLE DO PROGRAMA:

 

  • 30h. BENVIDA E PRESENTACIÓN DA XORNADA

-Xosé A. Rodríguez, "Xúster" (Plataforma Turonio e presidente da comunidade de montes de Oia)

  • 00h. SESIÓNS DA MAÑÁ

-"POR UN NOVO MODELO ECONÓMICO, ENERXÉTICO E SOCIAL". Juan Hermida (IEM)

-"NOVO PARADIGMA NO ESTUDO DE PROXECTOS EÓLICOS". Bruno Centelles (Rede Galega Stop Eólicos, IEM, SOS Groba)

-"O PLAN SECTORIAL EÓLICO DE GALICIA (PSEG). MARCO ADMINISTRATIVO-XURÍDICO". Ana Varela (Asociación Petón do Lobo)

-12.30 Pausa/descanso

-"ECONOMÍA DAS ENERXÍAS RENOVÁBEIS. DOS EFECTOS INDIRECTOS Á PARTICIPACIÓN COMUNITARIA". Xavier Simón (director do Observatorio Eólico de Galicia, OEGA)

-"MOBILIZACIÓN CIDADÁ. DO ASOCIACIONISMO LOCAL AO TRABALLO COOPERATIVO ". Aranza González (Plataforma Aire Limpo As Mariñas - Mandeo)

  • 00h. XANTAR COMUNAL

 

  • 00h. SESIÓNS DA TARDE

-"DO IRIBIO AO ACIBAL. REPÍTESE A HISTORIA". Nery Díaz (Ecoloxistas en Acción Galiza “Atlántica e Verde”)

-"A EÓLICA MARIÑA EN GALICIA: PRESENTE E FUTURO". Torcuato Teixeira (Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños)

- Mesa redonda e debate

  • 00h. CLAUSURA DA XORNADA

-Xosé Lois Vilar (SOS Groba e IEM)

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí