Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

XOSÉ LEAL: -A DEPUTACIÓN APOSTA POLOS FESTIVAIS AUDIOVISUAIS QUE SON REFERENTES NA PROVINCIA-

O deputado provincial de Cultura e Lingua participou esta mañá na presentación do Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc

O deputado provincial de Cultura e Lingua participou esta mañá na presentación do Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc

Fecha: 09 de Abril de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

"Desde a Deputación apostamos polos festivais audiovisuais que son referentes na provincia, e neste Ano Castelao das Artes, no que tamén se conmemora o centenario da estrea de Miss Ledya, incorporamos a proxección deste filme nas súas programacións, para difundir o que foi o noso primeiro fito cinematográfico" indicou o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, durante a presentación do Play-Doc. O deputado provincial participou esta mañá en Tui na presentación oficial do Festival, que se celebrará entre o 13 e o 17 de abril, acompañando aos directores, Sara García e Ángel Sánchez, ao alcalde da localidade, Enrique Cabaleiro, e ao director da AGADIC, Jacobo Sutil.
"O Festival de Tui é a estas alturas un referente a nivel mundial, entre outras cousas polo rigor na forma de traballar dos organizadores e a ambición na programación" afirmou Xosé Leal. O Play-Doc, que acada neste ano a súa décimo segunda edición, convoca durante catro días a máis de 7.000 persoas segundo a organización, unha circunstancia que Leal cualificou como "un dos méritos desta cita" e avogou porque "se siga mantendo o Play-Doc en Tui". "Tamén é unha cita de turismo cultural para un tipo de público moi concreto e especializado" engadiu o deputado provincial.
A sesión inaugural do Play-Doc, que dará inicio ás 20:30 horas do mércores 13 no Teatro Municipal, é o escenario escollido para a proxección do filme 'Miss Ledya' con música en directo a cargo do pianista lituano Karolis Biveinis. Cabe lembrar que 'Miss Ledya' é considerado o primeiro filme galego de ficción e que foi estreado no 1906 no Teatro Principal de Pontevedra. Conta ademais co aliciente de que Castelao interpreta un papel secundario, actúa como pastor protestante, e que foi dirixida Xosé Gil, fotógrafo nado no concello de As Neves. O filme, que é propiedade do Museo de Pontevedra, será proxectado en todos os festivais audiovisuais da provincia, no marco dos actos conmemorativos do Ano Castelao das Artes, comezando o seu percorrido no Play-Doc.
Tanto Xosé Leal como Enrique Cabaleiro fixeron fincapé no carácter transfronteirizo de Tui e avogaron por aproveitar sinerxias coas localidades do norte de Portugal. Jacobo Sutil, pola súa banda, incidiu no carácter social e económico dos Festivais, e asegurou que "actúan como complemento do sector audiovisual". Os directores do Play-Doc, Sara García e Ángel Sánchez, destacaron a diversidade da programación e aseguraron que "sempre dicimos que cada ano temos a mellor edición, pero este ano a programación é moito máis ambiciosa".
A programación contempla 45 filmes en cartel, destacando a retrospectiva sobre o cineasta afroamericano Charles Burnett e a estrea do filme perdido do estadounidense Les Blank sobre o cantautor Leon Russell. A sección galega do Festival contempla 10 títulos, un deles en competición internacional. Ao igual que en anos anteriores, a música terá protagonismo cos concertos do programa 'Play-Doc Live' e a colaboración co festival Sinsal. Por último, tamén inclúe un seminario sobre crítica a cargo do cineasta Paulino Viota.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones