Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

XOVES 5 DE AGOSTO CONCERTO DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE ACORDEÓNS DE BILBAO EN TUI

Baixo o título ?Música para gozar? propoñen unha viaxe musical

Fecha: 04 de Agosto de 2010

Fuente: www.concellotui.org

Será este xoves ás 22h no Teatro Municipal

A Orquesta Sinfónica de Acordeones de Bilbao en concerto

Baixo o  título “Música para gozar”  propoñen unha viaxe musical

 

O Teatro Municipal de Tui acolle este xoves, 5 de agosto, ás 22h, á Orquestra Sinfónica de Acordeóns de Bilbao en concerto. Este evento musical forma parte da programación cultural do Concello de Tui e chega á cidade grazas ao patrocinio de Caixanova.

 

A orquestra conta na actualidade con 30 compoñentes. Este verán están a facer unha xira de concertos baixo o título de “Música para gozar”, coa que chegará este xoves a Tui. Ofrecerán unha viaxe musical na que farán un percorrido pola música rusa, a de París, a zarzuela, os pasodobres, e inclúen tamén algunha peza galega coma “Ponteareas” e “Negra Sombra”.

 

A Orquestra Sinfónica de Acordeóns de Bilbao caracterízase pola súa posta en escena, a súa impactante sonoridade e a forza e a paixón das súas interpretacións.  As mesmas están caracterizadas pola orixinalidade e calidade dos arranxos e adaptacións do seu amplo e variado repertorio que abrangue diferentes estilos musicais. Esta agrupación creouse no ano 1963 da man do mestre Josu Loroño coa idea de “interpretar a gran música co acordeón”. Na actualidade a orquestra está dirixida por Amagoia Loroño.

 

As entradas para o concerto son gratuítas, e deben retirarse dende ás 21.30h no despacho de billetes da Área Panorámica, cun máximo de dúas persoas.

 

Orquesta Sinfónica de Acordeones de Bilbao

-       Xoves, 5 de agosto, ás 22h

-       No Teatro Municipal

-       Entrada gratuíta. Retirar un máximo de 2 por persoa dende ás 21.30h

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones