Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

XXI FEIRA DO VIÑO DO ROSAL O 19, 20 E 21 DE XULLO DE 2013

Venres 19, Sábado 20 e Domingo 21 de Xullo de 2013 na Praza do Calvario do Rosal

Fecha: 19 de Julio de 2013

Fuente: www.concellodorosal.es

Este ano celebrase a XIX Feira do Viño do Rosal, que unha vez máis reúne na Praza do Calvario a numerosas empresas vitícolas xa consolidadas e outras máis novas en período de crecemento. Esta feira ten un dobre obxectivo de promoción empresarial, por un lado, e de promoción turística, por outro.
As datas da mesma serán o 19, 20 e 21 de xullo.
Todas as adegas participantes pentencen a Denominación de Orixe Rías Baixas e, en concreto a Subzona do Rosal, que abrangue ó Baixo Miño.

1.- GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS DA FEIRA DO VIÑO 2012.

O rosaleiro Diego Bello de la Santísima Trinidad gaña o concurso de carteis da XXI Feira do Viño do Rosal

 

 

2.- INAUGURACIÓN DA FEIRA

A XXI Feira do Viño do Rosal, celebrarase os días 19, 20 e 21 de xullo na Praza do Calvario, reunindo á maioría das adegas pertencentes a subzona do Rosal.

A Inauguración levarase a cabo o venres 19, ás 20:00 horas, na Praza do Calvario. A persoa encargada de inaugurar a Feira será o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, D.Jesús Vázquez Abad.

O pregoiero este ano será Alberto González Prelcic, Estrella Michelín 2012.

A feira que está consolidada recibe anualmente, segundo os datos dos últimos anos, unha media de 30.000 visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo.


3.- ORZAMENTO FEIRA

Sobrepasou os 30.000€ na pasada edición.

Gastos principais: publicidade, iluminación, son, decoración, persoal, stands e carpas, ambientación musical...

Ingresos: achega do concello e subvencións de varias institucións (Xunta de Galicia, Consello Regulador, Deputación Provincial,) e venda de cataviños.

4.- DISPOSICIÓN DO RECINTO FEIRAL

Na Praza:

1º.-Stands: 10 adegas, 1 de produtos vexetais, Consello Regulador da D.O. Rías Baixas e Ruta do Viño Rías Baixas, Municipio de Ponte de Lima.

2º.-Carpas: produtos gastronómicos (polbo, embutidos, postres caseiros,...)

3º.-Stand de Voluntariado da Feira do Viño. Ante a chegada de visitantes que veñen expresamente á Feira do Viño do Rosal, ou que veranean pola zona nestas datas, xurde a necesidade de ofrecerlles un servizo de atención e información completa sobre o concello e a súa zona, a feira e as súas adegas.
Por todo iso un ano máis o grupo de voluntariado do Concello do Rosal vai a prestar o seu tempo e formación a disposición dos visitantes da feira do Viño.
Haberá un stand de información na entrada da praza do Calvario, na que un grupo de persoas voluntarias ofrecerán información sobre á feira, o seu horario, o servizo de autobús, e os lugares de interés do Rosal e arredores.
Esta mesa de información formada por 9 persoas voluntarias do noso concello, tamén resolverá dúbidas como onde aloxarse, que ver ou que facer para coñecer mellor o noso entorno.

4º.- Stand da Deputación para dar a coñecer o Programa Life + Viñas Atlánticas.
O proxecto LIFE Viñas Altánticas, é un proxecto medioambiental que nace co obxectivo de demostrar a necesidade e a viabilidade da produción de viño "sostible" nos viñedos da D.O. Rías Baixas, minimizando o uso de produtos químicos nunha zona de clima atlántico, templado e húmido que favorece o ataque de fungos como Mildiu, Oidium e Botrytis entre outras.
O aspecto innovador do proxecto estriba na implicación de todos os viticultores do área xeográfica de interese para minimizar a utilización de fitosanitarios, usando diferentes técnicas e accións coordinadas dentro dun Sistema de Xestión Medioambiental, que será probado nos viñedos da Denominación de Orixe Rías Baixas. http://www.vinasatlanticas.depo.es/web/vinas-atlanticas/home

No centro da praza: Información e venda de cataviños

5.- AMBIENTACIÓN MUSICAL

Venres, a partir das 22:00: Charanga Os zanfonos
Sábado, a partir das 20:30 horas: Charanga Air Jalisia
Domingo, a partir das 20:30 horas: Charanga 5 máis 1

Infominho - SERVICIO GRATUITO DE TRANSPORTE EN LA XXI FEIRA DO VIÑO DE O ROSAL - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.6.- SERVIZO GRATUÍTO DE TRANSPORTE

Igual que en edicións anteriores, haberá un servizo gratuito de transporte entre A Guarda e O Rosal.


7.- STANDS PREVISTOS

1. Pedregales
2. Gaudila
3. Altos de Torona
4. Gran Novás
5. Quinta Couselo
6. Santiago Ruiz
7. Lagar de Cervera
8. Valmiñor
9. Terras Gauda
10. A Rosaleira; productos vexetais envasados.
11. Consello Regulador e Ruta do Viño Rias Baixas
12. Municipio de Ponte de Lima
8.- PRODUTOS GASTRONÓMICOS PREVISTOS
1. Restaurante Xantar
2. Restaurante Xeito
3. Restaurante Trasmallo
4. Pulpería Tere
5. Sebastián Guerreiro Carnero
6. Restaurante Casa Olga

9.- PROGRAMA DA FEIRA 2013

Xoves, 18 de xullo

6ª XORNADA TÉCNICA DO VIÑO DO ROSAL
Xoves 18 de xullo as 19:00 horas. Empezaremos cunha conferencia: Por qué os nosos viños son diferentes?, e a continuación daremos un Paseo polos viños galegos.
A actividade será compartida e dirixida por Laura Montero Rodil e Dominique Roujou de Boubée. Para os que non coñezades os relatores no Anexo nº 1 van unhas pinceladas acerca deles.

Venres, 19 de xullo

20.00 Inauguración a cargo do Conselleiro Medio Ambiente, Infrestructuras e Territorio, D. Agustín Hernández Fernández de Rojas.

20.10 Lectura do pregón a cargo de Alberto González, Estrella Michelín 2012 (Restaurante Silabario, Tui).
20.30 Visita ós expositores e degustación de viños do Rosal

22.00 Actuación da Charanga Os Zanfonos.

Sábado, 20 de xullo

20:30 Actuación da Charanga Air Jalisia

Domingo, 21 de xullo

11:00 apertura do recinto feiral

20:30 Actuación da Charanga 5 máis 1.

24:00 Clausura da Feira

10.- ACTIVIDADES DURANTE A FEIRA

Exposición no Salón de Exposicións
Horario das Exposicións:
De luns a venres: de 11:00 a 13:30 horas
Sábados, domingos e festivos: de 11:00 a 13:30 e de 20:00 a 22:00 horas

Exposicións:
• PINTURA do GRUPO IMPÁS
• ESCULTURAS de JOSÉ LUÍS RODRÍGUEZ CORREA
• XX MOSTRA NUMISMÁTICA E FILATÉLICA do GRUPO "VAL DO ROSAL"

XX Exposición FILATÉLICA a cargo do Grupo Filatélico e Numismático VAL DE O ROSAL. O grupo Filatélico, igual que nas en anteriores edicións da feira do viño realizou un cuño conmemorativo do 25 evento. Este cuño estamparase na correspondencia que saia do Rosal durante os días da Feria. Máis información no Anexo nº 2.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones