Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

XXXI Semana Cultural de Pedornes

Do 13 ao 18 de novembro no Centro Cultural de Pedornes en Oia

Do 13 ao 18 de novembro no Centro Cultural de Pedornes en Oia

Fecha: 17 de Noviembre de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

Do 13 ao 18 de novembro o Centro Cultural de Pedornes en Oia acolle a XXXI Semana Cultural, organizada pola Asociación Cultural San Mamed.

O programa contempla actividades para todolos públicos, con numerosas proxeccións audiovisuais, obradoiros de variada temática, actuacións musicais, entre outras actividades.

Co cambio de hora anoitece moi cedo e refrescan as noites, pero en Pedornes (concello de Oia) chega a festa e a ledicia coa agardada programación da súa Semana Cultural que organiza a Asociación Cultural "San Mamed" no Centro Cultural da citada parroquia. Este ano celébrase desde o luns 13 hasta o sábado 18 deste mes e alcanza a edición número XXXI; trátase, pois, dun evento de longa tradición e moi boa acollida tanto polos veciños como polos que estes días nos visitan. Contamos, ademais, coa colaboración e axuda da Asociación Costa dos Castros e da Asociación de Veciños "A Muruxeira", esta última tamén de Pedornes. Por outra banda, unha parte do orzamento está cuberto polo Concello de Oia, a Deputación de Pontevedra e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da propia parroquia.


Como en edicións pasadas, o programa abrangue un amplo abano de actividades, case todas aptas para todos os públicos (e abertas a todo o mundo), estando aquelas que comezan ás 17.30 h especialmente dirixidas aos máis cativos, mentres que as organizadas a partires das 18:00 ou 19.00 h, dependendo dos días, sexan tamén do agrado (e conten coa participación) de adolescentes e adultos.

Sinopse do programa

Entre as actividades para os máis pequenos, este ano hai debuxo e pintura, modelaxe con barro, un taller arqueolóxico, unha película infantil e un obradoiro de xoguetes populares.

De luns a venres temos varias proxeccións con temáticas variadas e de rabiosa actualidade na maioría dos casos. Comezamos co documental "O monte é nosso" de Llorenç Soler (1978), continuamos coa gravación da UVigo tv da charla "Tráfico de refuxiados no Mediterráneo" de Jaime Cárdenas e seguimos cunha proxección sobre Pedornes e as súas xentes elaborada por Chicho, veciño da parroquia, e gravada no ano 1978 en "Super 8", agora pasada a DVD. O valor desta gravación é incalculable, devolvendo á memoria da xente de maior idade a realidade da nosa parroquia fai case 40 anos. O xoves haberá una charla e unha proxección audiovisual dentro do programa "Cinema e muller" da Deputación de Pontevedra, rematando o venres con dous documentais "Mareas vermellas" e "O Choco de Redondela", feitos e dirixidos por dous galegos, Manuel E. Garci e Jorge H. Urcera.

Todos os días celébrase algún campionato, incluíndo tenis de mesa e damas (luns), chinchimoni e escoba (martes), dominó (mércores), tute e parchís (xoves), futbolín (venres), e xogo da rá (sábado). Ademais, o venres teremos o tradicional concurso/degustación de doces caseiros típicos da sobremesa, contando coa animación do grupo "Ventiscas do Peirado" de Pedornes. De seguido, procederemos a preparar ("escunchar") os 200 kg de castañas que serán degustadas ao día seguinte e remataremos a xornada cunha "chocolatada" para todos os colaboradores.

En relación co rico patrimonio etnográfico da contorna, o sábado, día grande da programación, hai unha excursión guiada pola parte da Ruta Máxica de Oia que transcorre pola parroquia, con saída ás 10:30 h desde o Centro Cultural de Pedornes. A Pousadela, Outeiros do Morouzo, O Viveiro, e Alto do Visiño serán algúns dos emblemáticos lugares a visitar. Xa pola tarde, ás 18:30 o grupo de teatro "Os Mellores do Ghrupo" de Santa Mª de Oia representarán a obra "A Idade do Pavosaurio", unha obra moi entretida onde as gargalladas están aseguradas.

A continuación terá lugar a XXXIV Festa do Magosto con castañas asadas, viño tinto e refrescos totalmente gratis para todos os asistentes. Este ano, contamos coa participación dun grupo de mozos da Guarda, Perseide, que está sendo toda unha revelación, e do grupo de gaitas "A Fiada" de Viladesuso ao que se arrimarán un grupo de amigos para animar unha gran noite de foliada.

Tamén contaremos con servizo de cantina, incluíndo o sábado bocadillos a prezos populares. Así mesmo, haberá unha carpa para gozar da festa independentemente das condicións climatolóxicas.
Non queremos rematar esta nota sen antes agradecer, de xeito moi especial, o gran apoio que os organizadores estamos a recibir (e seguro que seguimos recibindo) por parte dos veciños de Pedornes e a súa contorna, así como a todos aqueles que dunha ou doutra forma participan desinteresadamente aportando o seu traballo e o seu tempo para facer posible unha nova edición da Semana Cultural de Pedornes.
Animamos, pois, a toda a veciñanza a participar activamente nas actividades programadas. Pola súa longa tradición, esta próxima semana será, sen dubida, de moita festa na parroquia de Pedornes. Agardámosvos!

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones